Pseudorhombus cinnamoneus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos, coñecida en galego como rapante do Índico.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.

Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1846 polos naturalistas Coenraad Jacob Temminck (neerlandés) e Hermann Schlegel (alemán), co nome de Rhombus cinnamoneus, sendo posteriormente reclasificada no xénero Pseudorhombus.

Por iso tamnén se coñece polo sinónimo de Rhombus cinnamoneus Temminck & Schlegel, 1846.Pseudorhombus cinnamoneus (Temminck & Schlegel, 1846) no WoRMS.Rhombus cinnamoneus en GBIF.org.

Características As principis características deste peixe son: É un peixe plano mariño, demersal,de corpo ovalado, deprimido, sinistro (é dicir, cos dous ollos situados no lado esquerdo do corpo), de até o 35, cm como máximo (aínda que a maioría dos espécimes apañados roldan os 22 cm). A aleta dorsal ten de 77 a 89 raios, e a anal, de 60 a 69 A columna vertebral está formada por de 37 a 39 vértebras A coloración do lado piugmentado é parda, cun distintivo ocelo na unión entre as partes rectas e curvas da liña lateral. Presenta ademais moitos aneis escuros dispersos por todo este lado do corpo, e moitos puntos escuros sobre as aletas. Presenta branquiespiñas moderadamente longas e delgadas.

Distribución

Encóntrase no océano Pacífico occidental, nas costas do mar da China Meridional, entre os 34° N e os 4° N, desde o sur da China e as Filipinas. e nas do Xapón, a profundidades de entre os 20 aos 164 m.Pseudorhombus cinnamoneus (Temminck & Schlegel, 1846) en FishBase

Hábitat e bioloxía Habita en fondos de areosos e lamacentos das costas pouco profundas ou baías até os 164 m de profuincidade. Aliméntase de pequenos peixes e crustáceos bentónicos.

Lonxevidade O exemplar máis vello capturado tiña 5 anos.Altman, P. L. and D. S. Dittmer (1962): Growth, including reproduction and morphological development. Federation of American Societies for Experimental Biology.

Pesca e utilización Captúrase con redes de arrastre de fondo, nas zonas pesqueiras 61 e 71 (Pacífico noroste e centro-oeste, respectivamente.

Comercialízase principalmente en fresco.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Cabanban, A.; E. Capuli, R. Froese and D. Pauly (1996): An annotated checklist of Philippine flatfishes: ecological implications. Presented at the Third International Symposium on Flatfish Ecology, 2-8 Novembro 1996, Netherlands Institute for Sea Research (NIOZ), Texel, The Netherlands. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, Masuda, H.; K. Amaoka, C. Araga, T. Uyeno and T. Yoshino (1984): The fishes of the Japanese Archipelago. (plates). Tokyo, Japan: Tokai University Press. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Paralictíidos Pseudorhombus

Ligazóns externas Pseudorhombus cinnamoneus na EOL. Con informacións, imaxes e mapas de distribución .

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1846 Categoría:Produtos da pesca