O Gran Premio de Europa de 1984 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no circuíto de Nürburgring o 7 de outubro de 1984. Foi décimo quinta carreira da tempada . Esta foi a primeira vez que unha carreira de Fórmula Un disputouse no novo circuíto de 4´54 quilómetros de Nürburgring GP-Strecke e a primeira vez que a F1 regresaba ao circuíto desde o Gran Premio de Alemaña de 1976 que se celebrou na antiga pista de 22´835 quilómetros do circuíto Nordschleife.
Resumo da carreira
Durante a sesión de quecemento da mañá , Alain Prost trompeou co seu McLaren - TAG e bateu cun coche estacionado nun lado da pista.
O novo piloto brasileiro Ayrton Senna desencadeou un accidente na primeira curva, que deixou fora os coches de Rosberg, Marc Surer, Gerhard Berger e Piercarlo Ghinzani. O Toleman de Senna (que comezara 12º) marchaba detrás do Williams de Rosberg na freada ao final da recta principal, que causou o accidente. Rosberg comezara cuarto (logo de estoupar o seu motor Honda saíndo da última curva da súa volta de cualificación), pero era lento logo de que o seu motor desenvolvera repentinamente un fallo de encendido.
Logo de cualificar na segunda posición da grella, Alain Prost gañou a carreira no seu McLaren por diante do Ferrari de Michele Alboreto e o Brabham - BMW do campión do mundo Nelson Piquet, tanto o Ferrari como o Brabham quedaron sen combustible mentres cruzaban a liña de meta. Cando saíron dos seus coches, que se detiveron na saída de boxes, Alboreto e Piquet levantaron os seus brazos o un ao outro nun xesto de frustración polo límite da FISA de 220 litros de combustible para os turbos.
Niki Lauda, que case perdera a vida a causa do lume nun accidente cando pilotaba un Ferrari 312T2 durante o Gran Premio de Alemaña de 1976, comezou 15º e terminou cuarto no seu McLaren, e podería ser terceiro se non fose por un trompo, cando boqueou os seus freos mentres atacaba a Mauro Baldi na volta 21. En marcado contraste coa falta de seguridade de Nordschleife, Lauda deu o visto e prace ao novo circuíto de Strecke como un circuíto de Gran Premio moi seguro, dicindo que era "o lugar perfecto para celebrar un Gran Premio".
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 7 Alain Prost McLaren-TAG 67 1:35:13.284 2 9 2 27 Michele Alboreto Ferrari 67 + 23.911 5 6 3 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 67 + 24.922 1 4 4 8 Niki Lauda McLaren-TAG 67 + 43.086 15 3 5 28 René Arnoux Ferrari 67 + 1:01.430 6 2 6 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 66 + 1 volta 9 1 7 26 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 65 + 2 voltas 17 8 21 Mauro Baldi Spirit-Hart 65 + 2 voltas 24 9 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 64 Encendido 11 10 25 François Hesnault Ligier-Renault 64 + 3 voltas 19 11 16 Derek Warwick Renault 61 Temperatura 7 Ret 30 Jo Gartner Osella-Alfa Romeo 60 Sistema combustible 22 Ret 2 Teo Fabi Brabham-BMW 57 Caixa de cambios 10 Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Renault 51 Motor 8 Ret 15 Patrick Tambay Renault 47 Sistema combustible 3 Ret 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 37 Sistema combustible 13 Ret 9 Philippe Alliot RAM-Hart 37 Turbo 25 Ret 10 Jonathan Palmer RAM-Hart 35 Turbo 21 Ret 5 Jacques Laffite Williams-Honda 27 Motor 14 Ret 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 25 Turbo 23 Ret 20 Stefan Johansson Toleman-Hart 17 Temperatura 26 Ret 6 Keke Rosberg Williams-Honda 0 Colisión 4 Ret 19 Ayrton Senna Toleman-Hart 0 Colisión 12 Ret 17 Marc Surer Arrows-BMW 0 Colisión 16 Ret 31 Gerhard Berger ATS-BMW 0 Colisión 18 Ret 24 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 0 Colisión 20
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 66 2 Alain Prost 62.5 3 Elio de Angelis 32 4 Nelson Piquet 28 5 Michele Alboreto 27.5
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Points 1 McLaren-TAG 128.5 2 Ferrari 54.5 3 Lotus-Renault 45 4 Brabham-BMW 37 5 Renault 34
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.
Notas Pole position: Nelson Piquet - 1:18.871 Volta rápida: Michele Alboreto e Nelson Piquet - 1:23.146 na volta 62 Última vez na que a volta rápida foi compartida por dous ou máis pilotos
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1984 Categoría:Gran Premio de Europa de Fórmula 1