Hermenegildo Losada Loureiro, nado en Maceira (Covelo) en 1899 e finado en México en 1985, foi un médico e político galego.
Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1925. Instalouse en Tui, onde dirixiu o o Sanatario Losada. Foi fundador do Círculo Socialista de Tui. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir a Portugal co farmacéutico Ulpiano Piña. Logo pasou a Francia e dende alí á zona republicana. Instalouse en Valencia onde participou con outros correlixionarios na creación do Grupo de Socialistas Galegos.El Socialista, 8.531, 31-7-1937, p. 2. Foi xefe de sanidade da 11ª Brigada Mixta. Foi xulgado en dous procesos militares, sendo declarado en rebeldía. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1938.El Compostelano, 3-8-1938, p. 2. Pasou a Francia, onde estivo internado nos campos de concentración de Le Barcarés e Bram.Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico
Logo puido exiliarse co seu irmán Marcelino en México, chegando a Veracruz no buque Ipanema en xullo de 1939. En México exerceu a súa profesión co seu irmán e abriron unha clínica médico-cirúrxica na cidade de México. Tamén foi profesor no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón, dirixido por Pedro Martul Rey. En México estivo en contacto co grupo dos socialistas galegos no exilio. Regresou varias veces a Galicia.
Vida persoal
Casou coa mestra de Covelo Juana Menés Cucalón, e foi pai de Ernesto Losada Menés.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Covelo Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Médicos de Covelo