Nani García, nado na Coruña o 25 de abril de 1955, é un compositor, arranxador, produtor e pianista galego. Autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes, programas de televisión, ten máis de 100 publicacións entre obras de jazz, producións audiovisuais e producións para outros artistas.
Traxectoria Iniciou a súa formación musical en composición e jazz en Suecia entre os anos 1976 e 1980, ao tempo que cursaba estudos de lingüística nas Universidades de Uppsala e Estocolmo. Ao seu retorno a Galicia formou parte dos diversos grupos de jazz da época. Fundou o grupo Clunia con Baldo Martínez e Fernando Llorca, e a principios dos anos 80 a súa carreira comezou como pianista de jazz, actividade que mantén alternou coa faceta de compositor. O seu selo persoal queda plasmado en obras do cine de animación como De Profundis, Engurras ou a multigalardoada curtametraxe de animación O Xigante, o cal o sinala como un dos especialistas no xénero.
Dende o ano 2009 dirixe o Festival Internacional de Jazz de Vigo "Imaxina Sons" e dende o 2010 é membro do trío de Jazz "Nani García Trío", aínda en activo.
En 2015 pasou a formar parte da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.
Discos Discografía de Jazz Clunia Jazz (Clunia, 1982) Afueras Periódicas (Clunia, 1984) Rúa Cega (Clunia, 1986) Carpe Diem (Clunia, 1995) 5 (Clunia, 2009) Renaissance (Nani García Trío, 2012) Serendipia (Nani García Trío, 2014) Cinematojazzía (Nani García trío, 2016) Coruña Rendez-vous (Chefa Alonso & Nani García, 2017) Bandas sonoras publicadas Compostela 93 (Corisco, 1993) Un viaje por Galicia (Edigal,1996) Blanca Madison (Xingra, 2003) As leis de Celavella (Xingra, 2004; piano, teclados, programación e dirección) Océanos (serie documental; compositor) De Profundis (Xingra, 2007) O Neno De Barro (Xingra, 2008) Engurras (Xingra, 2011) Música de Cine 2000-2009 (Xingra, 2011) Onde está a felicidade? (Xingra, 2013)
Obras
Cine Blanca Madison (Longametraxe de ficción, 2000) Ojos que no Ven (Longametraxe de ficción, 2003) Autópsia (Longametraxe para TV, 2003) Fragments (Longametraxe para TV, 2003) Un Bosque de Música (Longametraxe documental, 2003) De Profundis (Longametraxe de animación, 2006) De Bares (Longametraxe de ficción, 2006) O Neno de Barro (Longametraxe de ficción, 2007) Catalina (Longametraxe de ficción, 2007) A Casa da Luz (Longametraxe de ficción infantil, 2010) Onde está a Felicidade? (Longametraxe de ficción, 2011) Engurras (Longametraxe de animación, 2011) A palabra Xusta (Longametraxe documental, 2016) Una Mujer Fantástica (Longametraxe de ficción, 2017) Series de televisión Os Outros Feirantes (Serie de ficción para TVG, 1988) Pratos Combinados (Serie de ficción para TVG, 1995) A Familia Pita (Serie de ficción para TVG, 1997) Avenida de América (Serie de ficción para TVG, 2001) As Leis de Celavella (Serie de ficción para TVG, 2003) E Por Que? (Mini-serie de animación de 52 capítulos, 2005) A Vida Por Diante (Serie de ficción para TVG, 2006) Patricia Marcos: Desaparecida (Serie de ficción para TVE, 2007) Guante Blanco (Serie de ficción para TVE, 2008) Curtametraxes O resplandor da Morte (Curtametraxe de ficción, 1991) Atlántico Express (Curtametraxe de ficción, 1993) Vete, Davis (Curtametraxe de ficción, 1994) Coser e Cantar (Curtametraxe de ficción, 2004) O Xigante (Curtametraxe de animación 2D, 2012) Morti (Curtametraxe de animación 3D, 2013) Carne de Gaviota (Curtametraxe de ficción, 2014) The Neverending Wall (Curtametraxe animación, 2017) Teatro A Fiesta Valdeira de Rafael Dieste (CDG, 1994) Tolos de Amor de Sam Sheppard (Teatro do Atlántico, 1995) Casa de Bonecas de Henrik Ibsen (Teatro do Atlántico, 1995) Vapor de Nell Dunn (Espello Cóncavo, 1996) A Noite das Tríbades de Pär Olof Enqvist (Teatro do Atlántico, 1996) Bailando en Verán de Brian Friell (Espello Cóncavo, 1996) Farsa Plautiana de Agustín Magán (Grupo de Teatro da Once, A Coruña, 1997) As Troianas de Eurípides, adaptación de Manuel Lourenzo (Espello Cóncavo, 1997) Don Perlimplín con Belisa no Xardín de F.G. Lorca (Teatro do Atlántico, 1998) Peter Pan de J.M.Barrie (Espello Cóncavo, 1998) Marsal, Marsal de Sanchís Sinisterra (Talía Teatro, 1998) O Cerco de Leningrado de Sanchís Sinisterra (Teatro do Atlántico, 1999) Footing de Gustavo Pernas (Áncora Produccións, 2001) La Dama del Abanico Verde de Teresa Núñez (Fundación María Xosé Love, 2004) Limpeza de Sangue de Rubén Ruibal (Espello Cóncavo, 2010) Documentais Compostela 93 (Longrametraxe documental con motivo do Xacobeo 93, 1993) Galicia Terra Única (Vídeo-Documental, 1997) Océanos (Serie documental de 10 capítulos da TVG e FoMar, 1998) Gran Sol (Longametraxe documental para Canal+ España, 2002) Un Bosque de Músicas (Documental sobre o grupo de folk Luar na Lubre, 2004) Pensando en Soledad (Documental sobre a figura de José Ernesto Díaz-Noriega, 2006) Gallaecia Petrae (Vídeo-Documental, 2012) Obra de concerto A Berenguela (Opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes, 2009) O factor Vento (Concerto para clarinete baixo, orquestra e vento, 2010) Salgueiro que contempla unha ventá que contempla un salgueiro (Reflexións musicais para orquestra, 2011) Audiovisualism (Suite para Jazz Ensemble, 2012) For whom the idiophones toll? (Overtura para banda sinfónica, 2016) Taller de Músicas Tradicionais Arrolín, Arrolán (Edicións Fontel, 1994) Vente vindo, ven cantando (Edicións Fontel, 1997) Cantos de Berce (Galinova)
Outros Luar na Lubre: Espiral (Warner, 2002; arranxos orquestrais) Luar na Lubre: Saudade (Warner 2005; teclados) Uxia: Danza das areas (1999-2005; produtor) Luar na Lubre:Torre de Breoghán (Arranxos e orquestración, 2014) Andrea Pousa: Respirar (Produción musical, composición, arranxos e orquestración, 2017)
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Produción Resultado2002Mellor música orixinalPratos combinadosNomeado2003Mellor música orixinalAs Leis de CelavellaGañador2005Mellor Son Un Bosque de MúsicasGañador2007Mellor SonDe ProfundisGañador2007Mellor música orixinalDe ProfundisGañador2008Mellor música orixinalO Neno de BarroGañador2012Mellor música orixinalEngurrasGañador Outros Premios AnoPremioProduciónResultado1983Premio Especial Jazz Stop (Festival Internacional de Donostia)Grupo CluniaGañador2007Premios Nacionais da Crítica De ProfundisFinalista2012Premios Nacionais da Crítica EngurrasFinalista2012Peer Raben European Music Awards SoundTRack_Cologne 9.0O XiganteNomeado2012Premio Alerta Sonora XXIV Festival de curtametraxes de Castela e LeónO XiganteGañador2013Venus de Badalona Badalona Film Festival O XiganteGañador2013Festival Cinemacurtas en A CoruñaO Xigante Gañador
Categoría:Pianistas de jazz Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1955 Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo Categoría:Premio de Honra Fernando Rey Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes