Code Lyoko: Evolution (en galego, Código Lyoko: Evolución) é a secuela da serie de animación francesa de animación Código Lyoko. Foi estreada o 19 de decembro de 2012 a través da canle France 4 e estreouse de novo o 9 de outubro de 2016 en Boing. Mestura imaxes de acción en vivo con animación CGI, retomando a trama onde quedou a serie orixinal. Ademais de mellorar a calidade do CGI, a banda sonora tamén foi completamente revisada.

Personaxes Personxaes de Code Lyoko: Evolution Actor/actriz orixinalAelita Schaeffer Léonie Berthonnaud Jeremie Belpois Marin Lafitte Odd Della Robbia Gulliver Bevernage Ulrich Stern Quentin Merabet Yumi Ishiyama Mélanie Tran William Dunbar Diego MestanzaLaura GauthierPauline Serieys

Secundarios Personaxes de Code Lyoko: Evolution Actor/actriz orixinal Elisabeth Delmas Clémency Haynes Jean-Pierre Delmas Éric Soubelet Suzanne Hertz Sophie Fougère Jim Morales Bastien Thelliez Franz Hopper Hugues Massignat Anthea Hopper-Tyron Sandrine Rigaux Professor Lowell Tyron Franck Beckmann

Produción O orzamento da serie estímase en 5 600 000 euros.

Acollida Code Lyoko Evolution recibiu críticas dispares. Mentres que a mellora da animación CGI foi considerado como un aspecto positivo para os fans da serie, a acollida da maioría dos outros cambios foi maioritariamente negativa. Os fans criticaron duramente a personaxe de Laura Gauthier e houbo críticas dispares sobre a introdución de imaxes reais no canto da animación 2-D. Os fans tamén criticaron o elenco e as súas planas interpretacións. Outros aspectos como o guión tamén foron criticados e en xeral é considerada inferior á serie orixinal. Todo isto supuxo que só tivese unha única tempada composta de 26 episodios.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Código Lyoko (serie) Código Lyoko (videoxogo) Ligazóns externas

Categoría:Código Lyoko