miniatura|300px|Os Canadiens na tempada 1909–10. Os Montreal Canadiens son un equipo profesional de hóckey sobre xeo, formalmente Le Club de Hockey Canadien, foi fundado o 4 de decembro de 1909 na cidade de Montreal, Quebec (Canadá). Os Canadiens son a franquía de hóckey profesional máis antiga do mundo. Creado como membro fundador da National Hockey Association (NHA) coa finalidade de apelar á poboación francófona de Montreal, os Canadiens xogaron o seu primeiro partido o 5 de xaneiro de 1910, e conquistaron a súa primeira Stanley Cup en 1916. O equipo deixou a NHA e axudou a fundar a National Hockey League (NHL) en 1917. Regresaron ás finais da Stanley Cup en 1919, mais a súa serie contra os Seattle Metropolitans foi cancelada sen un gañador debido á epidemia de gripe española que matou o defensa Joe Hall. Os Canadiens gañaron a Stanley Cup 24 veces: unha vez cando formaba parte da National Hockey Association (NHA), e 23 veces como membros da NHL. Con 25 títulos da NHL en xeral, son o equipo máis exitoso na historia da liga.
A casa dos Canadiens, o Montreal Arena, foi destruído polo lume en xaneiro de 1918. O equipo trasladouse ao Jubilee Arena, que foi posteriormente reducido ás cinzas en 1919. Despois de pasar sete tempadas no Mount Royal Arena, os Canadiens trasladáronse ao Montreal Forum en 1926, compartíndoo cos seus rivais locais, os Maroons, ata 1938. Logo de 72 anos no Forum, os Canadiens trasladáronse ao Centre Bell en 1996. O club loitou durante a Gran Depresión, case trasladando a Cleveland (Ohio, Estados Unidos) en 1935, e contemplou suspender as súas operacións en 1939. As súas fortunas rebrotaron despois da segunda guerra mundial, cando chegaron ás finais da Stanley Cup cada ano desde 1951 ata 1960, gañando seis campionatos, incluíndo un rexistro cinco títulos consecutivos desde 1956 a 1960.
Maurice "Rocket" Richard xurdiu como a estrela do equipo na década de 1940, e durante a tempada 1944–45 converteuse no primeiro xogador na historia da NHL en anotar 50 goles nunha soa tempada. Richard acendeu o chamado Richard Riot en marzo de 1955, cando foi suspendido por atacar a un xuíz de liña. O incidente fixo medrar as tensións entre o Quebec francés e o Canadá inglés, e é considerado como unha das primeiras manifestacións da Revolución Tranquila do Quebec. En 1959, Jacques Plante revolucionou o xogo cando se converteu no primeiro porteiro en levar unha máscara durante xogo. Da man do director xeral Sam Pollock, os Canadiens gañaron nove campionatos entre 1964 e 1978. O equipo da tempada 1976–77, a miúdo considerado como o máis grande na historia de NHL, gañou 60 partidos fronte a tan só 8 derrotas, un récord de menos derrotas nunha tempada de 80 partidos. Coa entrada dos Quebec Nordiques da World Hockey Association (WHA) na NHL en 1979, unha rivalidade medrou entre os Canadiens e os Nordiques, culminando en 1984, cando os Canadiens eliminaron os Nordiques en seis partidos, mais antes da Batalla de Venres Santo non dera titulares.
Liderados polo porteiro Patrick Roy, os Canadiens gañaron a súa 23ª Stanley Cup en 1986 e a súa 24ª en 1993. Roy gañou o Conn Smythe Trophy como o xogador máis valioso dos play-offs as dúas veces. O equipo de 1993 rexistrou un novo récrod na NHL con 10 vitorias consecutivas na prórroga nun play-off, e é o equipo canadense que máis recentemente gañou a Stanley Cup. En 2003, Montreal participou no primeiro partido ao aire libre de liga regular na historia da NHL, derrotando aos Edmonton Oilers no Heritage Classic.
O Hockey Hall of Fame introduciu ao redor de 50 antigos xogadores dos Canadiens, así como dez executivos. O equipo retirou 15 números en honor a 17 xogadores, e honrou a dez personalidades fora do xeo denominada categoría de "Construtores".
Fundación alt=A group photograph of ten hockey players wearing horizontally striped jerseys with a maple leaf logo surrounding the letters "CAC", along with their coach|right|miniatura|280x280px|Os Montreal Canadiens posan para unha foto de equipo, 1912–13. En novembro de 1909, o industrial Ambrose O'Brien, de Renfrew, Ontario, estaba en Montreal para adquirir subministracións para un contrato ferroviario. A petición do equipo de hóckey Renfrew Creamery Kings, O'Brien asistiu ás reunións da Eastern Canada Hockey Association (ECHA), que tiveron lugar no Hotel Windsor, para representar a Renfrew na súa solicitude para unirse á liga. Na reunión, os donos dos equipos da ECHA rexeitaron a solicitude de Renfrew. Máis tarde ese día os donos da ECHA decidiron disolver a súa liga e formar a Canadian Hockey Association (CHA) nunha oferta para excluír aos Montreal Wanderers, que trastornaran aos outros donos cando se trasladaron a un pavillón máis pequeno que reduciría a venda de entradas do equipo visitante. No vestíbulo do hotel, O'Brien coñeceu a Jimmy Gardner, director dos Wanderers, e falou de formar unha liga nova que incluiría a Renfrew, aos Wanderers, e a dous equipos que O'Brien posuía nas cidades mineiras de Ontario de Cobalt e Haileybury. Gardner suxeriu que O'Brien arrancara un equipo de xogadores francófonos radicado en Montreal, formando unha rivalidade cos Wanderers. Como resultado, o 2 de decembro de 1909 fundouse a National Hockey Association (NHA), e Les Canadiens foron creados dous días máis tarde, inicialmente financiados por O'Brien co intento de transferir a propiedade a deportistas francófonos de Montreal canto antes.
Naquel tempo, os equipos francófonos non eran considerados suficientemente bos para xogar cos equipos anglófonos: o Montreal Gazette advertiu aos seareiros potenciais do novo equipo de que non se entusiasmaran demasiado, ya que "os xogadores franco-canadenses de clase non son numerosos". Os Canadiens abasteceronse con estrelas francófonas, entre as que salientaban Newsy Lalonde, Georges Poulin e Didier Pitre. Antes de que se lle permitira xogar, Pitre tivo que resolver un preito cos Montreal Nationals, cos que tiña contrato.
1910–17: National Hockey Association esquerda|miniatura|Newsy Lalonde axudou a liderar aos Canadiens á súa primeira Stanley Cup en 1916. Os Canadiens xogaron o seu primeiro partido o 5 de xaneiro de 1910, adestrados por Jack Laviolette. Ante un pavillón cheo con 3.000 espectadores, derrotaron a Cobalt por 7 goles a 6 na prórroga. A vitoria foi borrada dos libros de historia pouco despois, cando a CHA colapsou despois de tan só dúas semanas de competición, e a NHA escolleu reiniciar a tempada despois de absorber aos Ottawa Senadores e aos Montreal Shamrocks da CHA. O primeiro partido dos Canadiens da nova tempada foi disputado o 19 de xaneiro, cunha derrota 9–4 fronte aos Renfrew Creamery Kings. Perderon tres partidos antes de conseguir finalmente a súa primeira vitoria da nova tempada o 7 de febreiro, cando derrotaron ao Haileybury Hockey Club por un marcador de 9–7. Gañaron só dous dos seus 12 partidos da tempada, e acabaron na última posición da liga de oito equipos.
George Kennedy, dono do Club Athlétique Canadien (CAC), reclamou os dereitos do nome do equipo aos "Canadiens" a tempada seguinte. Resolveu a disputa comprando o equipo a O'Brien por 7.500 dólares. Ese mesmo ano, o equipo adoptou o seu agora famoso xersei vermello cunha raia azul a través da fronte. No medio da raia estaba un "C" vermello alongado abarcando un A vermello para representar ao CAC.
Os Canadiens chegaron aos play-offs por primeira vez na tempada 1913–14, cando empataron cos Toronto Blueshirts na cabeza da liga con 26 puntos. Os dous equipos xogaron unha serie de dous partidos para alzarse co campionato, co gañador decidido polos goles totais. Georges Vézina consegui un shutout fronte aos Blueshirts 2–0 no primeiro partido, mais os Canadiens foron derrotados por 6–0 no segundo e perderon a serie. Dous anos despois, na tempada 1915-16, os Canadiens gañaron o seu primeiro título da NHA, a O'Brien Cup, cun rexistro de 16 vitorias, 7 derrotas e un empate, tres vitorias mellor que os segundos clasificados, os Senators. O título conseguido polos Canadiens outorgoulles a súa primeira presenza nas finais da Stanley Cup, onde se enfrontaron aos Portland Rosebuds da Pacific Coast Hockey Association (PCHA). Coa serie ao mellor de cinco partidos empatada a dúas vitorias, o partido decisivo xogouse no Westmount Arena en Montreal o 30 de marzo de 1916. Goldie Prodgers marcou o gol gañador de Montreal con menos que catro minutos por xogar, dando aos Canadiens a súa primeira Stanley Cup.
En 1916, o CAC enfrontouse a dificultades financeiras logo dun lume que en xaneiro destruíu o seu ximnasio e o equipo de lacrosse dos Montreal Canadians suspendeuse. Kennedy separou o club de hóckey do CAC e incorporouno en marzo de 1916 como "Le club de Hóckey Canadien". Os Canadiens mudaron o seu logo por un "C" vermello entrelazado cun "H" branco. O "H" no logo significaba "hóckey," aínda que durante moito tempo pensouse que era polos "Habitants", o que levou ao equipo a ser alcumado "os Habs".
A NHA viu o seu final no inverno de 1917 logo de varias longas disputas entre o dono dos Blueshirts Eddie Livingstone e os outros catro equipos da liga sobre quen posuía os dereitos de varios xogadores. A Kennedy non lle gustaba especialmente Livingstone, e os dous case chegaron ás mans varias veces durante as reunións da liga. Con todo, Canadiens, Wanderers, Senators e Quebec Bulldogs descubriron que mentres estiveran unidos no seu desacordo con Livingstone, a constitución da liga non lles permitiría sinxelamente votalo fóra. Para solucionar este problema, o 26 de novembro crearon unha liga nova, a National Hockey League (NHL), e non convidou a unirse a Livingstone. Eles nominalmente seguiron a ser membros da NHA e houbo bastantes votos para suspender as operacións da liga, deixando efectivamente a Livingstone nunha liga dun equipo. Kennedy era a forza dominante na nova liga; non só posuíu aos Canadiens, senón que presentou a Tommy Gorman os cartos que empregou para mercar aos Senators. Con todo, os catro equipos comprenderon que sería impensable non ter un equipo de Toronto na súa liga. Tamén necesitaron un cuarto equipo para equilibrar a táboa logo das dificultades económicas que forzaron a desaparición dos Bulldogs (como se viu despois, non tomarían o xeo ata 1919). Con isto en mente, concederon unha franquía "temporal" á Toronto Arena Company, a cal finalmente evolucionou cara aos rivais dos Canadiens, os Toronto Maple Leafs.
1917–32: primeiras tempadas na National Hockey League miniatura|dereita|Georges Vezina xogou 16 tempadas nos Montreal Canadiens entre 1910 e 1925. O Vezina Trophy foi nomeado no seu honor. Joe Malone anotou cinco goles para os Canadiens no seu debut na NHL o 19 de decembro de 1917, unha vitorioa sobre os Senators, no seu camiño a liderar a liga esa tempada con 44 goles. A liga do equipo novato estivo a piques de rematar o 2 de xaneiro de 1918, logo de que un incendio destruíra o Montreal Arena, a casa tanto dos Wanderers como dos Canadiens. Os Canadiens trasladáronse ao Jubilee Arena, un pavillón con capacidade para 3.000 espectadores, mais os Wanderers cesaron as súas operacións, reducindo a NHL a tres equipos. Xogando un renovado calendario de tempada, Montreal gañou a primeira metade do título, mais perdeu o título de liga na segunda metade fronte a Toronto por 10-7 nunha serie a dobre partido decidida por goles totais.