Siro López Fernández, nado en Sarria o 20 de marzo de 1956, é un xornalista deportivo galego. Especializado en baloncesto e fútbol, foi xefe de prensa do Deportivo da Coruña e ten traballado en diferentes medios de comunicación nacionais, tanto de narrador deportivo como presentador ou colaborador.
Traxectoria Dende os dez anos viviu coa súa familia en Barcelona, onde estudou e se licenciou en xornalismo na Facultade de Ciencias da Información de Bellaterra na Universidade Autónoma de Barcelona.
Director de deportes de Telemadrid Entre 2000 e 2010, foi o director de deportes de Telemadrid, sendo á súa vez desde 2004, presentador da sección de deportes das Telenoticias da canle rexional.TV3-APM? Siro López youtube.com Anteriormente, desempeñou diferentes cargos en diversos medios e institucións, como responsable de prensa do Deportivo da Coruña, editor e narrador de baloncesto do equipo de José María García en Antena 3 Radio, xefe de deportes da Coruña e Santiago de Onda Cero e posteriormente redactor xefe de Don Balon e director da páxina web 'Defensacentral.com'.
Contexto nos medios de comunicación de televisión Foi un dos fundadores de Punto Pelota xunto con Tomás Roncero ou José Damián González, que permaneceron desde o seu inicio en 2008 ata a fin do programa en 2013. A partir do 6 de xaneiro de 2014 comezou como socio no novo proxecto de Josep Pedrerol en Atresmedia, El chiringuito de jugones.
Pouco despois dun mes, o 10 de febreiro de 2014, anunciábase a súa marcha ao outro gran grupo privado de televisión do país, Mediaset España, participando nos debates do programa deportivo de medianoite rival do de Pedrerol, Tiki-Taka, en Energy e como colaborador en Deportes Cuatro.Siro López abandona a Josep Pedrerol y ficha por 'Tiki Taka' en Mediaset
Narrador de baloncesto en Mediaset España Un dos motivos da fichaxe de Siro polo grupo de Fuencarral foi a posibilidade de ser o principal narrador dos partidos en España no Mundial de 2014 que a selección disputou como anfitrión, e no Eurobasket 2015. Narrou estes dous campionatos xunto co especialista internacional en baloncesto Antoni Daimiel e o ex xogador José Miguel Antúnez.
Presentador de La Goleada en 13tv Entre outubro de 2014 e febreiro de 2015 presentou xunto con Danae Boronat, o debate deportivo de medianoite La goleada na canle 13tv, competindo na medianoite deportiva do TDT de domingo a xoves, cos seus antigos compañeiros de El chiringuito de jugones, dirixida por Pedrerol. 13tv cancelou o programa a mediados da tempada debido á baixa audiencia. Distincións
Lucense do ano de El Progreso en 2023.
Notas
Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1956 Categoría:Xornalistas deportivos Categoría:Xornalistas de Sarria Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes