Santa Mariña de Tomonde é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo Cotobade, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2012 tiña 173 habitantes (95 mulleres e 78 homes) 51 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Patrimonio A igrexa de Santa Mariña ten planta de cruz latina con ábsida cuadrangular e sancristía acaroada. A portada principal é alintelada, con molduras lisas e torre central con tres corpos. Nos muros consérvanse canzorros románicos.
Nesta parroquia celebrábase a Gaiteirada de Reis. O 5 de xaneiro, a véspera da noite de Reis, dúas máscaras, O Vello e A Vella, simulan ir roubando comida polas cociñas.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Tomonde
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade
Categoría:Parroquias de Cerdedo Cotobade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña