María Esperanza Rodríguez Escario, nada en Madrid o 18 de decembro de 1959, é unha xornalista española, presentadora de Televisión Española.
Traxectoria É licenciada en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, e comezou a súa carreira profesional facendo vídeos didácticos para as escolas nunha produtora. No ano 1985 comezou a traballar en TVE, contratada por Pedro Erquicia. Nesta cadea ten presentado todas as edicións do Telediario, o programa 48 horas, con Andrés Aberasturi e o informativo Buenos días, con Pedro Erquicia.
María Escario é coñecida en boa medida pola súa ligazón estreita coa información deportiva. Presentou Estudio Estadio, Estadio 2 (domingo deporte) e desde 1986 aparece diariamente no noticiario chamado Telediario na primeira canle de televisión da Radio Televisión Española,Ángeles Caso presentará '¡La tarde, vaya tarde!' pola enfermidade de Pastora Vega, El País, 23 de agosto de 1986 téndose a especializar, desde o ano 1989 en información deportiva.
Foi nomeada aos Premios ATV de 2002 como a Mellor Comunicadora de Programas Informativos polo seu traballo á fronte do noticiario Telediario.
En febreiro de 2012 foi internada no hospital por mor dun accidente vascular encefálico.María Escario estase a recuperar no hospital tras un derramoMaría Escario estase a recuperar dun derramo cerebral
En 2013 recibiu o Premio Ondas á mellor presentadora.
Desde setembro de 2014, coas mudanzas no equipo dos informativos de Televisión Española, María Escario marchou da sección deportiva do telediario, despois de case 30 anos en pantalla. Desde setembro de 2014 Escario é responsable das reportaxes informativas relacionadas co mundo do deporte en '‘Enfoque’', a microsección incluída no Telediario da noite (TD2) de La 1 que aborda varios temas con máis profundidade.
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade de Madrid Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Premio Ondas Categoría:Presentadores de Televisión Española