Liopsetta é un pequeno xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,Especies de Liopsetta en FishBase.Liopsetta Gill, 1864 no WoRMS que comprende tan só dúas especies propias das costas do Ártico e do nordeste do Atlántico unha delas, e do noroeste do Pacífico a outra.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1864 polo ictiólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.

Etimoloxía O nome do xénero, Liopsetta, está construído coa forma prefixa do latín científico lio-, tirada da do grego antigo λειο leio-, derivada de λεῗος leîos, "liso", "suave", unida ao nome do xénero Psetta, derivado do grego antigo ψῆττα psḗtta, un peixe plano, quizais a solla ou o rodaballo (Psetta é un sinónimo de Scophthalmus, ao que pertence o rodaballo (Scophthalmus maximus = Psetta maxima).

Especies Na actualidade recoñécense dentro do xénero Liopsetta as seguintes dúas especies: Liopsetta glacialis (Pallas, 1776) Liopsetta pinnifasciata (Kner, 1870)

Porén, antigamente recoñecíanse varias máis:

Liopsetta limanda (Linnaeus, 1758) reclasificada hoxe como Limanda limanda (Linnaeus, 1758) Liopsetta obscura (Herzenstein, 1890) reclasificada hoxe como Pseudopleuronectes obscurus (Herzenstein, 1890) Liopsetta obscurus (Herzenstein, 1890) reclasificada hoxe como Pseudopleuronectes obscurus (Herzenstein, 1890) Liopsetta pinnifasciatus (Kner, 1870) reclasificada hoxe como Liopsetta pinnifasciata (Kner, 1870) Liopsetta putnami (Gill, 1864) reclasificada hoxe como Pleuronectes putnami (Gill, 1864).

Esta última é a solla lisa de Lahuerta e Vázquez).Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. editores: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Collection Patrimoines Naturels, 50. Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectinos

Ligazóns externas Liopsetta na EOL. Liopsetta na ADW.

Nota: Estas dúas obras de referencia, tamén inclúen a especie Liopsetta putnami.

Categoría:Pleuronectiformes