Cecilia Tarela Barreiro, nada en Pontecesures en 1977, é unha política galega do BNG. miniatura|Papeleta dos candidatos ao Senado por Pontevedra nas Eleccións Xerais de 2016. Traxectoria Traballadora da CIG, estudou Administración e Finanzas. Foi responsable local do BNG de Pontecesures e concelleira dende 2007, sendo a terceira tenente de alcalde dende 2011. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do BNG en Pontecesures conseguindo 2 concelleiros e foi elixida alcaldesa grazas a un pacto de goberno cos concelleiros de Terra Galega e do PSdeGCecilia Tarela asume el mando emocionada y reivindica "el final de los personalismos". En xaneiro de 2016 os dous concelleiros de Terra Galega abandonaron o goberno tripartitoCecilia Tarela espera movimientos e en maio dese ano presentaron unha moción de censura xunto ao PP e Independentes de Pontecesures que fixo alcalde ao popular Juan Manuel Vidal Seage. Foi candidata ao senado nas Eleccións xerais de España de 2016. Encabezou de novo a candidatura do BNG nas municipais de 2019 logrando de novo 2 concelleiros e sen recupera-la alcaldía, dado que o PPdeG mantivo a maioría cos seus socios, sendo tamén superada como segunda forza polo PSdeG.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Pontecesures
Ligazóns externas «En Pontecesures vainos a marcha». Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Pontecesures Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Pontecesures Categoría:Nados en 1977