A abeleira ou abraira (Corylus avellana) é un arbusto caducifolio das betuláceas, de pólas abundantes e madeira dura e cuxo froito é a abelá.
Ecoloxicamente é moi importante na formación de sebes que choen as leiras na Europa atlántica, especialmente en Galiza, Asturias e sur de Inglaterra. As varas empregábanse tradicionalmente para a construción de valados, cestaría, feche de canastros e na construción, mesturando as pólas con barro para a fabricación de tabiques.
A abeleira común cultívase polos seus froitos comestíbeis. É unha especie común dos bosques galegos, especialmente dos de ribeira.
Etimoloxía Abeleira e abraira virían de abelá, termo que procede do latín nux abellana, que significa "noz de Abelá"FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 206.. Existe a variante dialectal abelaira. O nome científico avellana derivada vila de Avella en Italia,Mitchell, A. F. (1982). The Trees of Britain and Northern Europe. Collins ISBN 0-00-219037-0 e foi escollido por Linné de De historia stirpium commentarii insignes (1542), de Leonhart Fuchs, onde a especie se describía coma "Avellana nux sylvestris" ("noz brava de Avella").Linnaeus, C. (1753). Species Plantarum p. 998.
Distribución É nativa de Europa e do oeste de Asia, dende as Illas británicas, chegando polo sur á Península Ibérica, Grecia, Turquía e Chipre; polo norte até Escandinavia, e polo leste até os montes Urais, o Cáucaso, e o noroeste do Irán.Rushforth, K. (1999). Trees of Britain and Europe. Collins ISBN 0-00-220013-9.Den Virtuella Floran: mapTrees for Life Hazel species profile
Descrición left|miniatura|100px|Candeas masculinas na abeleira común É unha arboriña (ás veces considerada arbusto) que acada entre 3 e 8 metros de altura, aínda que algúns exemplares poden chegar até os 15 metros. As follas son caedizas, arredondadas, aveludadas polas dúas faces, co extremo rematado en punta, e os bordos dobremente serrados, de entre 6 e 12 cm. As flores masculinas aparecen no outono, volvéndose máis longas e de cor amarela na primavera, as femininas son moi pequenas e longas, cando se desenvolven dan lugar a acios de 1 a 4 abelás. As candeas masculinas son dun amarelo pálido, de 5–12 cm de longo, mentres que as femininas son miudiñas, avermelladas, de 1–3 cm de longo cos stilos visíbeis. O froito é botanicamente unha noz, producida en acios dun a cinco, cada noz metida nun invólucro, que cobre 3 cuartos da abelá. A abelá é practicamente esférica ou un chisco oval, de 15–20 mm de longo e 12–20 mm de ancho (pode chegar aos 25 mm de longo nalgunhas abelás cultivadas seleccionadas), de cor castaña amarelada, cunha cicatriz pálida na base. A propia abelá cae do invólucro cando está ben chegada, aos 7-8 meses logo da polinizaciónFlora of NW Europe: Corylus avellana .
Distínguese da especie moi achegada Corylus maxima polo invólucro curto; nesta abeleira, a abelá fica practicamente fechada.
Ecoloxía e usos miniatura|Corylus avellana 'Contorta'.
A abeleira brava é común en moitos bosques europeos. É importante coma compoñente nas sebes, que tradicionalmente choen as leiras da Europa atlántica, incluíndo Galiza e o sur de Inglaterra. As varas empregábanse en cestaría, na fabricación de canastros e para tecer valados. Un cultivar coas pólas tortas, Corylus avellana 'Contorta', emprégase coma ornamental.
É unha especie de grande importancia ecolóxica. As follas forcecen alimento para moitas especies animais, incluíndo as bolboretas, avelaíñas e eirugas (Alabonia geoffrella).
Os froitos son importantes para a vida salvaxe, tanto para invertebrados adaptados para eludir a casca, coma vertebrados (como esquíos ou corvos).
Da abeleira obtéñense varas que se utilizan na elaboración de ferramentas, estas varas aparecen asociadas tradicionalmente coa maxia e a sabedoría e utilízanse en cestaría de xeito semellante ao vimbio. A abeleira é unha das árbores sagradas do calendario celta; tamén se relaciona coas meigas.
A abeleira na cultura popular galega
Co nome de abelá desígnase un amuleto con poderes para curar a desipela. Está formada por unha pequena esfera de prata, duns dous centímetros de diámetro, que garda no interior a carabuña dunha abelá, cunhas gotas de mercurio.Eladio Rodríguez González, s. v. avelán,
Crese por Mondoñedo que se pode matar unha cobra tocándolle na cabeza cunha vara de abelaira.Vicente Risco: "Tradiciones referentes a algunos animales", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, 1949, vol III, 182. Tamén se di que pode curar unha picadela de cobra tocando na ferida cunha póla de abeleira e, na parte oriental de Galicia, plantan abeleiras nos lindes das terras para manter afastadas as cobras.<ref>Gran Enciclopedia Galega, s. v. 'abelaira.</ref>
Parece común que as aguilladas para afalar o gando se fagan con varas de abelaira, por ser unha madeira dura e flexible e tamén, quizais, porque se cre que estas varas son eficaces para matar as bruxas que se converten en moscas para moscar o gando.Pedro Benavente e Xesús Ferro Ruibal: O libro da vaca. Monografía etnolongüística do gando vacún, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela 2010, 899.
Nomes comúns Evellaneira, avellano, avellaneiro, avellaneira, avellanairo, avellán, abrano, abrana, abraira, abraeira, ablaira, abilleira, abelloteiro, abelera, abeleiro, abeleira, abelao, abelaneira, abelanceira, abelán e abelaira''.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Descrición das betulaceas
Categoría:Árbores de Galicia Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Corylus Categoría:Árbores de ribeira Categoría:Oleaxinosas Categoría:Flora da Europa Atlántica Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné