A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional é o órgano da Xunta de Galicia encargado dos asuntos culturais e da regulación do ensino dende a primaria ata a educación universitaria, a formación profesional e o ensino de adultos. O titular actual é Román Rodríguez González.
Historia A consellería de Educación e Ordenación Universitaria comezou chamándose unicamente de Educación, e é un dos departamentos máis estables da historia da Xunta de Galicia polo que corresponde ás súas funcións. Ademais, e ata o ano 2005, foi o departamento encargado da xestión da política lingüística, función que recuperou a partir de 2009. En 2012 asumiu as funcións da extinta consellería de Cultura.
Conselleiros
Competencias de Educación Francisco Cacharro Pardo (1982–1983). Consellería de Educación. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (1983–1986). María Xesús Sáinz (1986–1987). Xavier Suárez-Vence (1987–1988). Aniceto Núñez (1988–1990). Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xoán Piñeiro Permuy (1990–1996) Celso Currás (1996–2005) Laura Sánchez Piñón (2005–2009) Xesús Vázquez Abad (2009–2015) Román Rodríguez González (2015-2018) Carmen Pomar Tojo (2018-2020). Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Román Rodríguez González (2020-)
Competencias de Cultura Xosé Filgueira Valverde (1982–1983). Consellería de Cultura. Alejandrino Fernández Barreiro (1986–1987). Consellería de Cultura e Benestar Social. Alfredo Conde (1987–1990). Consellería de Cultura e Deportes. Daniel Barata Quintas (1990–1993). Consellería de Cultura e Xuventude. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (1993–1996). Consellería de Cultura. Xesús Pérez Varela (1996–2005). Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Ánxela Bugallo (2005–2009). Consellería de Cultura e Deporte. Roberto Varela (2009–2012). Consellería de Cultura e Turismo. Xesús Vázquez Abad (2012–2015). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Román Rodríguez González (2015-). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (2015-2018). Consellería de Cultura e Turismo (2018-2020). Consellería de Cultura, Educación e Universidade (2020-)
Estrutura interna
Secretarías e direccións xerais Ademais da necesaria Secretaría Xeral Técnica da consellería (ocupada por Manuel Vila López), a consellería de Educación conta coas seguintes direccións xerais e secretarías xerais: Secretaría xeral de Cultura: Anxo Lorenzo Suárez. Dirección xeral de Patrimonio Cultural: María del Carmen Martínez Insua. Secretaría xeral de Política Lingüística: Valentín García Gómez. Secretaría Xeral de Universidades: José Alberto Díez de Castro. Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional: José Luis Mira Lema. Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos: Jesús Manuel Álvarez Bértolo.
Órganos colexiados Consello Escolar de Galicia. Consello Galego de Formación Profesional. Consello Galego de Universidades.
Entres adscritos Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (BUGALICIA). Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Sitio web de Cultura de Galicia Sitio web do Portal da Lingua Galega. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Sitio web de Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia Sitio web do Centro Autonómico de Formación e Innovación
Educacion Categoría:Ensino en Galicia