Matthew Dellavedova, nado o 8 de setembro de 1990 en Maryborough, Victoria, é un xogador de baloncesto internacional australiano que xoga como base ou escolta no Melbourne United australiano. Antes de ser profesional xogou para a Universidade de Saint Mary's entre 2009 e 2013.
Traxectoria Nado en Australia, Matthew Dellavedova, xogou no baloncesto universitario estadounidense durante catro tempadas cos "Gaels" da Universidade de Saint Mary's de California, nas que fixo unha media de 14,2 puntos, 3,4 rebotes e 5,6 asistencias por partido. Nas súas tres últimas temporadas foi incluído no mellor quinteto da West Coast Conference, sendo ademais elixido Xogador do Ano en 2012 e galardoado co Premio Lou Henson en 2013 ao xogador máis destacado das universidades consideradas mid-major da NCAA. Acabou a súa carreira universitaria como líder histórico dos Gaels en anotación, con 1.933 puntos, asistencias, porcentaxe de tiros libres, partidos como titular e partidos disputados. Debido a isto o seu dorsal co número 4 está retirado pola universidade.
Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2013, disputou a Liga de Verán da NBA cos Cleveland Cavaliers, cos que acabou asinando contrato no mes de setembro. Tras a lesión de Kyrie Irving nos Play-Offs da temporada , converteuse nun dos xogadores máis importantes do seu equipo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en Basketball Reference
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Victoria, Australia Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Australia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do Melbourne United Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Australia Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Australianos de ascendencia italiana Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024