Lost Acapulco é un grupo musical mexicano que empezou a súa andaina a mediados da década dos 90, que fai Surf Rock. O grupo formouse no porto de Acapulco, México en 1996, por distintos músicos que formaran en principio e paralelamente outros grupos (Los Esquizitos e Bombatomix) de semellante estilo. Seguen activos nos escenarios tras distintas idas e vindas de membros da formación.

Actualmente, este grupo conta con cinco EP e catro LP, varios acoplados e algunhas bandas sonoras para películas do novo cine mexicano como Sexo, pudor y lágrimas (1999), Perfume de violetas (2000), Atlético San Pancho (2001) ou Matando Cabos (2004).

Álbums

4 (1998) Mostrissimo (2000) Lost en Navidad EP (2001) Acapulco Golden (2004) Terremoto EP (2005) Que Monstruoson EP (2005) Daddy-O Grande En México (Danny Ammis con Lost Acapulco) (2006) Navidades Soleadas de Ayer y Hoy EP (2006) Los Obligados Racing Team (2011)

Membros

A actual aliñación de Lost Acapulco é:

Reverendo (Juan Moragues) - Guitarra rítmica Warpig (Roberto Muñoz) - Batería Crunchy (Esteban López) - Guitarra líder Sr. Ramírez (Caleb Franco) - Baixo

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Lost Acapulco en Los conciertos de Radio 3'' de La 2.

Categoría:Grupos musicais de México Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais formados en 1996