Microchirus theophila, (Risso, 1810) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,Microchirus theophila (Risso, 1810) no WoRMS. coñecida en galego como acedía xudía.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85.

Trátase dun pequeno linguado (de aí o nome vulgar de acedía), que habita en fondos mariños areosos ou lamacentos do Atlántico oriental, especialmente en augas de Mauritania e as illas Canarias, estendéndose polo norte até Portugal e o suroeste da Gran Bretaña.Microchirus theophila (Risso, 1810) na FishBase.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita por primeira vez en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque, baixo o nome de Pleuronectes theophilus.

Sinónimos Ao longo do tempo foi coñecida, ademais de polo nome orixinario de Risso e polo actualmente válido, polos sinónimos seguintes: Solea angulosa Kaup, 1858 Solea stephanica Chabanaud, 1926 Solea theophila (Risso, 1810) Zevaia theophila (Risso, 1810)

Etimoloxía O nome específico, theophila, é a forma latinizada do adxectivo do grego antigo θεοφιλής theophilés, "amado dos deuses", e tamén "fermoso".

Características É moi semellante, na forma e coloración do corpo, ao linguado común do que se diferencia, ademais de polo seu menor tamaño, polas súas pequenas aletas pectorais, das que, a do lado oculado, presenta unha mencha escura na súa porción distal.Microchirus theophila na EOL.

O seu tamaño máximo é de 46 cm.Desoutter, M. (1990).

Hábitat, distribución e biuoloxía

É unha especie mariña, demersal, oceanódroma que habita en mares subtropicais, en fondos areosos e lamacentos, de 40 a 380 m de profundidade, entre os 52° N E os 18° N, no Atlántico centro-oriental, en augas de Mauritania e as illas Canarias, estendéndose polo norte até Portugal e o suroeste da Gran Bretaña.

Pesca Microchirus theophila é obxecto de pesca nas zonas 27, 34 e 37 (nordeste do Atlántico, Atlántico centro-leste e Mediterráneo e mar Negro, respectivamente).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2.</ref> Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectoideos Soleidos Microchirus

Ligazóns externas Microchirus theophila na EOL. Con informacións, imaxes e mapa de distribución Microchirus theophila na ADW.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1810 Categoría:Produtos da pesca