San Pedro de Quintillán é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 256 habitantes (131 mulleres e 125 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 286 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 181 habitantes, sendo 84 homes e 97 mulleres.

Topónimo Topónimo de posesor, do nome Quintilianus que sería o posesor ou dono das terras.

Historia A sociedade dos emigrantes da Terra de Montes na Arxentina, Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, fundada o 22 de outubro de 1922 axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Levoso. A primeira pedra colocouse o 4 de setembro de 1927, inaugurándose un ano despois.

Patrimonio A igrexa de San Pedro de Quintillán conserva varias imaxes do século XVI e unha pía bautismal do XIV. Existen numerosos cruceiros, entre os que destaca o "Cruceiro das Procesións", barroco e moi historiado, no adro da igrexa parroquial.

Lugares e parroquias Lugares de Quintillán

Parroquias de Forcarei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Forcarei

Categoría:Parroquias de Forcarei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía