O European Molecular Biology Laboratory (EMBL, Laboratorio Europeo de Bioloxía Molecular) é un instituto de investigación de bioloxía molecular do que son membros 21 estados, xunto con tres candidatos e dous estados membros asociados. España forma parte del desde 1986. O EMBL é unha organización intergobernamental creada en 1974 financiada con diñeiro público dos seus estados membros destinado á investigación. A investigación no EMBL realízana aproximadamente 85 grupos independentes que abranguen todos os campos da bioloxía molecular. O laboratorio funciona desde cinco sedes: o principal laboratorio está en Heidelberg, e as subsedes están en Hinxton (o European Bioinformatics Institute, EBI), en Inglaterra), Grenoble (Francia), Hamburgo (Alemaña), e Monterotondo (preto de Roma, Italia). Os grupos e laboratorios de EMBL realizan investigación básica en bioloxía molecular e medicina molecular e adestran a científicos, estudantes e visitantes. A organización axuda ao desenvolvemento de servizos, novos instrumentos e métodos, e tecnoloxía nos seus estados membros. Investigacións dereita|miniatura|Entrada principal do EMBL.
Todos as sedes de EMBL teñen un campo de investigación específico. O EMBL-EBI é un centro para a investigación bioinformática e servizos, que desenvolve e mantén un grn número de bases de datos científicas, que son gratuítas. En Grenoble e Hamburgo, a investigación céntrase na bioloxía estrutural. A Unidade de Bioloxía do Rato de EMBL está localizada en Monterotondo, Italia. Na sede central de Heidelberg, hai unidades de bioloxía celular e biofísica, bioloxía do desenvolvemento, xenómica e bioloxía computacional e estrutural, xunto con grupos de servizo que complementan os mencionados campos de investigación.
No EMBL fixéronse moitos avances científicos importantes, principalmente a primeira análise xenética sistemática do desenvolvemento embrional da mosca do vinagre feita por Christiane Nüsslein-Volhard e Eric Wieschaus, polo cal foron galardoados co Premio Nobel de Medicina de 1995.
Países membros Velaquí unha lista dos países membros do EMBL ordenados alfabeticamente: Estados membros Ano de incorporación 1974 1974 1990 2006 2014 1974 2018 1986 2023 1984 1974 1984 2017 2003 2005 1974 1974 2024 2019 2007 2016 2018 1985 1974 2019 1998 1974 1974 1974 Incorporacións previstas 2024 2023 Estados membros asociados 2008 Anterior estado membro asociado 2014–2020
Adestramento 400px|miniatura|Os edificios de EMBL en Heidelberg, entre eles o novo Centro de Adestramento Avanzado. O adestramento avanzado é unha das catro misións principais do EMBL. Ao longo dos anos o Laboratorio estableceu varias actividades de adestramento, das cales o EMBL International PhD Programme (EIPP) é a estrela: ten uns 200 estudantes e desde 1997 ten o dereito de conceder unha titulación propia. Outras actividades son o programa de posdoutorado, que inclúe o EMBL Interdisciplinary Postdoctoral Programme (EIPOD); o European Learning Laboratory for the Life Sciences (ELLS) para adestramento de profesores; e o Visitor Programme.Training at EMBL , EMBL website
Centro de Adestramento Avanzado de EMBL En marzo de 2010, inaugurouse o EMBL Advanced Training Centre (ATC) no campus principal de Heidelberg. O seu edificio, inspirado na forma da dobre hélice, alberga conferencias e proporciona locais para o adestramento.EMBL ATC
Ciencia e sociedade O EMBL tamén leva a cabo un activo Programa de Ciencia e Sociedade, que ofrece actividades e eventos sobre cuestións sobre investigacións nas ciencias da vida para o público xeral e para a comunidade científica.Science and Society Programme, EMBL website
Historia
O EMBL foi ideado por Leó Szilárd, James Watson e John Kendrew. Os seus obxectivos eran crear un centro de investigación internacional, similar ao CERN, para poder rivalizar no campo fortemente dominado polos Estados Unidos da bioloxía molecular. Kendrew exerceu como primeiro Director xeral do EMBL ata 1982, e sucedeuno Lennart Philipson. Desde 1993 a 2005 o Director xeral foi Fotis Kafatos, e a este sucedeuno Iain Mattaj, que é o cuarto e actual (ano 2015) Director xeral do EMBL.
Notas
Categoría:Institucións científicas