San Miguel de Galegos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2012 tiña 106 habitantes (58 mulleres e 48 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 136 habitantes.

Patrimonio A igrexa de San Miguel de Galegos é de estilo barroco do século XVIII, conserva unha antiga pía bautismal de granito.

O castro de Galegos é un poboado castrexo dun único recinto de forma ovalada irregular. O eixo maior ten orientación N-S e mide uns 50 m ao interior e 75 m ao exterior. O eixo L-O mide no punto máis ancho uns 50 m polo interior e 65 m no exterior. Se se inclúen as defensas exteriores chégase a unhas medidas máximas de 75 m. O recinto aparece defendido en todo o seu perímetro por un terraplén cun desnivel exterior duns 8 m no sueste. O parapeto tamén rodea todo o perímetro con caída ao interior duns 3 m e unha anchura media de 2 m, aínda que nalgún sector alcanza os 4 m. O parapeto parece construído con pedra e terra e non se pode descartar a existencia de muralla, pois nalgúns puntos hai pedras que parecen conformar unha estrutura muraria. De feito, na zona occidental, marcando a liña exterior do parapeto, obsérvase muro de cachotería de xisto en seco, que non se sabe se podería ter relación coa estrutura orixinal ou foi unha construción posterior.Ficha arqueolóxica do castro de Galegos .

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Galegos

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Galegos na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel