Santiago de Lebozán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 154 habitantes (78 mulleres e 76 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 217 habitantes.

Historia Un dos montes de Lebozán conserva o nome de Convento, topónimo que lembra o dominio que os monxes de Aciveiro exerceron sobre estas terras.

Patrimonio A igrexa de Santiago de Lebozán é de traza sinxela e conserva no interior interesantes tallas de escultura popular.

Festas Celebra festas na honra de Santiago, San Cristovo e as Dores.

Lugares e parroquias Lugares de Lebozán

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Lebozán na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior