Santiago de Méixome é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 131 habitantes (73 mulleres e 58 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 146 habitantes. Pertence ao arciprestado do Deza e á diocese de Lugo.
Xeografía Limita ao norte coas parroquias de Bermés e Busto, ao sur con Santiso ao leste con Bermés e ao oeste con Madriñán e Noceda. Dista 9 km da capital municipal. Acada unha altitude máxima de 700 m e está bañada polo Rego de Freixo.
Méixome foi a primeira parroquia do concello de Lalín na que se fixo a concentración parcelaria.
Historia O nome da parroquia figura nunha permuta feita co Mosteiro de Carboeiro en 1182, en pleno período románico, o que fai pensar na existencia dunha igrexa orixinaria desta época que foi substituída pola actual.
Patrimonio O castro de Méixome, situado na aldea de Castro, xunto ao río en terreo de labranza, está conformado a partir dun recinto de planta lixeiramente ovalada en dirección nordés-suroeste. As súas dimensións son: eixo NL-SO mide 85 m no interior e uns 100 m ao exterior; eixo NO-SL mide 55 m no interior e 85 m no exterior. A altura máxima acadada pola coroa respecto ao exterior é duns 7 m no lado leste. No parapeto do sector setentrional apréciase un tramo de liña de muralla pétrea (nalgúns puntos vese claramente unha anchura de 3 m a 4 m) feita de xisto sen argamasa. Ten parapeto interior no sector setentrional, cuns 4 m ou 5 m de anchura, moi vertical cara ao exterior.Ficha arqueolóxica do castro de Meixome .
A igrexa parroquial de Santiago de Méixome é de estilo barroco.
Festas As súas festas parroquiais son o 16 e 17 de agosto na honra a San Roque. A última fin de semana do mes de setembro toda a parroquia reúnese para realizar a chamada Festa dos Veciños no campo da festa.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Méixome
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín
Ligazóns externas Méixome na web do concello de Lalín
Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior