Francis 7 é unha banda estadounidense de postpunk revival formada en Miami (Florida) preto do ano 2005No ano 2008 levaban tocando en directo ao menos dous anos, segundo a entrevista de Hector Mojeta e Victor Goizueta a Omar Cuellar, realizada o 6-4-2008 ("Bands on the Rise: Francis 7 Full Interview") e no seu perfil de Myspace datan dous dos seus temas no 5-12-2005.. Está formada por Omar Cuellar (guitarra eléctrica e voz), Jonny Stein (baixo), Raph Sangiovanni (batería) e Robby Trey Rose (guitarra eléctrica).

Historia O nome do conxunto, Francis 7, ven da personaxe homónima da novela de ciencia ficción Logan's Run (A fuxida de Logan), escrita por William F. Nolan e George Clayton Johnson. Nesta distopía, Francis 7 é o membro dos Vixilantes de Logan que vai na persecución de Logan 3 e Jessica 6.

A banda naceu da decisión do seu líder, Omar Cuellar, de levar adiante as cancións que escribía e que non tiñan cabida nos grupos de música nos que ata ese momento participou, como Quit e Jobbernowl, nos que foi brevemente o seu baixistaQuit, artigo no blog The South Florida Music Scene Past And Present, escrito o 19-2-2008 .. Ao guitarrista, Trey, coñeceuno na Miami Dade College, mentres que con Jonny tiña unha longa relación desde moi novos, sendo Raph compañeiro de estudos de Jonny"Bands on the Rise: Francis 7 Full Interview", entrevista a Omar Cuellar no blog The Log - Bands on the Rise and Other Articles de Hector Mojeta e Victor Goizueta, no 6-4-2008 ..

No 2008 comezaron a gravación do que ía ser o seu primeiro traballo discográfico, pero semella que non o deron rematado. Algúns dos temas gravados ata entón tiñan títulos como "I Can't Feel My Heart Anymore", "Home" ou "She Doesn't Know Why". Aínda que a banda non se disolveu oficialmente, o seu líder, Omar, pasou a partir dese mesmo ano a dedicarse á produción, mesturas e arranxos para bandas como E. Joseph & The Phantom Heart, Early Bird, Anodize e Signs Of You. Ao longo de 2014 volveron aos estudios de gravación e, por fin, no mes de marzo de 2015 anunciaron no seu perfil de Facebook que o título do seu primeiro álbum ía ser Too Little, Too Late, que semella que está relacionado tamén coa novela que deu nome ao grupo.

O grupo sinalou que entre as súas influencias están The Chameleons, Killing Joke, Editors, Longwave, New Order, Depeche Mode, The Psychedelic Furs, Slowdive, Hammock, The Smiths e os primeiros traballos dos irlandeses U2Facebook de Francis 7 .Ficha de Omar Cuellar en Fandalism ..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Myspace de Francis 7 Twitter de Francis 7 Facebook de Francis 7

Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais de Miami, Florida Categoría:Grupos musicais formados en 2008