Santa María da Saleta de Xaxán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 182 habitantes (98 mulleres e 84 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes.
Historia A antiga parroquia de San Cristovo da Pena desapareceu na reforma parroquial de 1890 coa creación da parroquia de Santa María das Dores de Lalín. Erixiuse como nova cabeza da freguesía a aldea de Xaxán, edificouse un novo templo e déuselle un novo titular, Santa María da Saleta. O antigo patrón, San Cristovo, segue a ser festexado no novo templo (a igrexa). Na capela tamén hai outro patrón, San Bieito, cunha gran romaría.
Nesta parroquia naceu o alcalde de Lalín Xosé Crespo.
Patrimonio O castro de Xaxán, tamén chamado da Pena ou de Barreira, é de pequenas dimensións. Ten unha planta circular que presenta as seguintes medidas: no eixo N-S mide 18 m no interior e uns 35 m no exterior. Se se inclúe o foxo, é de 46 m. No eixo O-L mide 22 m no interior e 42 m polo exterior. A altura máxima acadada é duns 1,5 m, no lado leste.Ficha arqueolóxica do castro de Xaxán .
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Xaxán
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín
Ligazóns externas Xaxán na web do concello de Lalín
Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María da Saleta