Santiago de Antas é unha parroquia que se localiza na parte central do concello da Lama. Segundo o IGE en 2010 tiña 296 habitantes (131 homes e 165 mulleres), 27 menos ca en 1999. Eclesiasticamente, pertence ao arciprestado de Redondela-Oitavén da diocese de Tui-Vigo.

Toponimia O topónimo de Antas procede da voz latina anta 'marco', 'columna' e pode facer referencia a marcos de pedra para dividir leiras e outras propiedades. Noutra vía, podería proceder dos restos megalíticos existentes na parroquia, xa que se sabe que os dolmens son chamados antas.Morgade Martínez, X. C. (1995): A Lama. Os nomes dos lugares.

Poboación Ano Poboación (hab.) Variación 1999 323 - 2001 281 -13 % 2003 278 -1,07 % 2005 294 +5,76 % 2007 276 -6,12 % 2009 275 -0,36 % 2010 296 +7,64 %

A poboación está bastante repartida. A aldea máis poboada é Ramallal, con 74 habitantes.

Lugares e parroquias Lugares de Antas

Parroquias da Lama

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Lama Santuario da Nosa Señora das Ermidas (A Lama)

Categoría:Parroquias da Lama Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía