Hereward o Proscrito (tamén coñecido como Hereward the Wake ou Hereward o Exiliado, c. 1035 – c.1072) foi un caudillo do s. XI da resistencia local á conquista normanda de Inglaterra. A base de Hereward mentres lideraba a rebelión contra os gobernantes normandos foi a Illa de Ely, e segundo a lenda deambulou polos pantanos, cubrindo o condado de Cambridge do norte, o condado de Lincoln do leste e Norfolk do sur, liderando a oposición popular contra Guillerme o Conquistador.

Hereward é un vello nome inglés composto dos elementos here, "exército", e weard "garda" (cognado do nome en antigo alto alemán Heriwart).Room, Adrian (1992) Brewer's Names, London: Cassell, ISBN 0-304-34077-4 O epíteto "the Wake" co que é coñecido en inglés, rexístrase a finais do s. XIV, e pode significar "o vixilante", ou derivar da familia anglo-normanda Wake que máis tarde afirmou descender del.

Fontes primarias Existen varias fontes primarias sobre a vida de Hereward, aínda que a precisión da súa información é difícil de avaliar. Elas son a versión da Crónica anglosaxoa escrita na Abadía de Peterborough (o "manuscrito E" ou Crónica de Peterborough), o Domesday Book (DB), o Liber Eliensis (Libro de Ely) e, moito máis detallada, a Gesta Herewardi (Gesta).

As fontes ás veces son mutuamente contraditorias. Por exemplo, o capítulo XXVII da Gesta data o ataque de Hereward á Abadía de Peterborough despois do Asedio de Ely, mentres que a Crónica de Peterborough (1070) o pon inmediatamente antes. Isto probablemente indica, como suxire o prefacio da Gesta, que as lendas orais contraditorias sobre Hereward xa eran correntes en Fenland a finais do s. XI e comezos do XII. Ademais, pode haber algunha toma de partido nos escritores antigos: os datos sobre Hereward na Crónica de Peterborough, por caso, foron escritos nun mosteiro do que se di que el o saqueou, uns cincuenta anos após a data do asalto.Na Abadía de Peterborough, cinco ou seis anos despois de qu incendiárase a súa biblioteca, en 1116. Doutra banda, a versión orixinal da Gesta foi escrita como un eloxio explícito a Hereward; moita da súa información foi proporcionada por homes que o coñeceron persoalmente, principalmente, se se crer no prefacio, por un antigo compañeiro de armas e membro da anterior casa do seu pai, chamado Leofric o Diácono.Gesta Chapter IGesta, Chapters I and XIX.

Gesta Herewardi A Gesta Herewardi ou Herwardi é un texto en latín medieval, probablemente escrito arredor de 1109–31.van Houts, Elisabeth, "Hereward and Flanders", in Anglo-Saxon England 28, 1999, pp. 202ff. O texto latino do s. XII pretende ser unha tradución dunha obra anterior (agora perdida) en inglés antigo, con baleiros no orixinal estragado, reenchidos coa historia oral. A copia preservada máis antiga da Gesta está nun manuscrito escrito a mediados do s. XIII na Abadía de Peterborough, xunto con outros materiais referidos á abadía. Este manuscrito do s. XIII é coñecido como o "Rexistro de Robert de Swaffham".

O que se sabe dos comezos da historia da Gesta provén do seu prólogo, segundo o cal o texto orixinal foi escrito en inglés antigo por Leofric, un sacerdote da casa de Hereward, quen deviño nun dos seus compañeiros de armas durante a resistencia que Hereward liderou contra Gillerme o Conquistador. A obra de Leofric puídose precipitar pola morte de Hereward. O prólogo tamén informa que a versión inglesa máis antiga resultou moi estragada, aínda que non destruída: o superior do autor da Gesta ordenoulle ir á procura dos restos da obra de Leofric e traducilos ao latín. El fíxoo, mais, polas súas más condicións, ante a insistencia do seu superior, encheu as lagoas coa historia oral. Sostívose que o autor da Gesta foi Richard de Ely, e que o seu superior foi o bispo Hervey de Ely, quen oficiou de tal de 1109 a 1131.Thomas (1998) p. 214

A versión da Gesta que existe hoxe é unha transcrición desta obra, a cal foi incorporada a un libro que contén estatutos e outros materiais relativos á Abadía de Peterborough coñecido como "Rexistro de Robert de Swaffham", aínda que tamén é chamado "o libro de Robert de Swaffham".Martin, Janet D., The Cartularies and Registers of Peterborough Abbey, Northamptonshire Record Society, 1978, pp. 7–12. Segundo Janet D. Martin, o libro foi creado "arredor de 1250", e orixinalmente remataba coa Gesta Herewardi, pero no s. XIV angadiuse máis material alleo á historia do heroe.Martin 1978.

No s. XIX, W. D. Sweeting publicou, a partir de 1895, unha edición da Gesta en fascículos, como suplemento do Fenland Notes and Queries, unha revista trimestral publicada en Peterborough, da cal Sweeting nesa época era editor. Sweeting utilizou unha transcrición da Gesta feita por S. H. Miller, para publicar unha edición onde a transcrición e a tradución aparecían en columnas paralelas.Nótese que o prefacio da edición de Miller e Sweeting atribúen a autoría a Hugh Candidus, sen citar fontes para tal atribución.

Vida e lenda

Familia En parte debido á falta de detalles, a súa vida converteuse nun imán para especuladores e estudosos afeccionados. As referencias máis antigas á súa liñaxe, na Gesta, faillo fillo de Edith, unha descendente de Oslac de York, e Leofric de Bourne, sobriño de Ralph the Staller. De maneira alternativa, tamén díxose que Leofric, conde de Mercia e a súa muller Lady Godiva eran os verdadeiros pais de Hereward. Non hai ningunha proba disto, e o abade Brand de Peterborough, de quen se afirma ser tío de Hereward, non parece ter relación con Leofric nin con Godiva. É improbable que, se Hereward fora membro desta familia prominente, a súa liñaxe non fose rexistrada.Freeman, E. A. (1870–1876), The History of the Norman Conquest of England, vol. Algunha investigación moderna suxere que foi anglo-danés, cun pai de Dinamarca, Asketil; como Brand é tamén un nome danés, ten senso que o abade fose irmán de Asketil. A aparente habilidade de Hereward para obter a axuda danesa tamén pode apoiar esta teoría.Rex, Chap. 2 & 3 tamén pp. 208–209 contén árbores xenealóxicos da 'Casa de Leofric conde de Mercia' e 'a familia do abade Brand' respectivamente

O nacemento de Hereward convencionalmente dátase en 1035/6 pois a Gesta sinala que foi exiliado por primeira vez en 1054, cando tiña 18 anos. Con todo, como o relato da Gesta da primeira parte do seu exilio (en Escocia, Cornualla e Irlanda) contén elementos fantásticos, é difícil saber se é fidedigno.Rex, Peter (2005) Hereward: the last Englishman Chalford: Tempus, pp.54–55 Peter Rex, na súa biografía de Hereward de 2005, di que as campañas nas cales hai información de que loitó preto de Flandres comezarían arredor de 1063, e suxire que, se tivera 18 na época do seu exilio, nacería en 1044/5.Rex, Peter, pp.58–9 Mais isto basearíase na suposición de que a primeira parte da historia é en gran medida ficticia.

Suponse que o seu sitio de nacemento foi en ou preto de Bourne, en Lincolnshire. O Domesday Book mostra que un home chamado Hereward posuía, como inquilino da Abadía de Peterborough, terras nas parroquias de Witham on Hill e Barholm with Stow na punta suroeste de Lincolnshire; antes do seu exilio, Hereward tamén alugaba terras da Abadía de Croyland, en Crowland, oito millas ao leste de Market Deeping, preto dos pantanos. Xa que as terras posuidas nas abadías podían estar espalladas en diferentes parroquias, a localización precisa das súas posesións persoais é incerta mais estaban seguramente nalgures do sur de Lincolnshire.

Exilio Segundo a Gesta, Hereward foi exiliado cando tiña dezaoito anos por desobediencia ao seu pai e mal comportamento, o cal causara problemas na comunidade local. Foi declarado proscrito por Eduardo o Confesor. A Gesta conta varias historias sobre as súas supostas aventuras de mozo durante o exilio en Cornualla, Irlanda e Flandres. Elas inclúen unha loita cun enorme oso, e o rescate dunha princesa cornuallesa dun matrimonio non desexado. Moitos historiadores consideran ficción a maioría destes relatos.Hugh M Thomas, "The Gesta Herewardi, the English and their Conquerors", Anglo-Norman Studies 21: Proceedings of the Battle Conference 1998, pp.213ff. Chegado a Flandres, uniuse a unha expedición contra "Scaldemariland" (probablemente illas no estuario de Scheldt). A historiadora Elizabeth van Houts cre que este aspecto da historia é consistente coa evidencia de expedicións conducidas por Roberto o Frisio en beneficio do seu pai Balduíno V, Conde de Flandres a comezos da década de 1060.van Houts, Elisabeth, "Hereward and Flanders", in Anglo-Saxon England 28, 1999, pp. 202ff. Peter Rex tamén acepta que estes acontecementos probablemente ocorreran.

Na época da invasión normanda a Inglaterra, aínda estaba exiliado en Europa, traballando como mercenario exitoso para Balduíno V. Segundo a Gesta participou en torneos en Cambrai. Nalgún punto do seu exilio dise que Hereward casou con Turfida, unha muller galo-xermánica dunha familia rica de Saint-Omer. Na Gesta dise que ela se namorou del antes de coñecelo, porque ouvira sobre as súas proezas.

Regreso a Inglaterra alt=old yellowing map of east Cambridgeshire showing Isle of Ely surrounded by water|right|miniatura|O mapa que mostra a Illa de Ely rodeada de auga. Joan Blaeu (1648) Regiones Inundatae Hereward regresou a Inglaterra a finais de 1069 ou en 1070. A Gesta di que descubriu que as terras da súa familia foran tomadas polos normandos e que o seu irmán fora matado e logo a súa cabeza fora posta nunha pica diante a porta da súa casa. Hereward vingouse dos normandos que mataran o seu irmán mentres eles ridiculizaban os ingleses nunha troula de bébedos. Presuntamente matou quince deles coa axuda dun cómplice. Logo reuniu seguidores e foi á Abadía de Peterborough para ser nomeado cabaleiro polo seu tío Brand. Regresou brevemente a Flandres para deixar que a situación arrefriase e despois volveu a Inglaterra.

O Gesta afirma que Frederick, o cuñado de William de Warenne xurou matar Hereward, mais Hereward anticipouse e matouno. Como a morte de Frederick a mans de Hereward tamén está atestada na Crónica de Hyde, o acontecemento é considerado "case con certeza" verídico.Paul Dalton, John C. Appley, Outlaws in Medieval and Early Modern England: Crime, Government and Society, Ashgate Publishing, Ltd., 2009, pp.30–31. O propio William máis tarde perseguiu Hereward, pero Hereward presuntamente abateuno do seu cabalo dun frechazo.

En 1070 Hereward certamente participou na insurrección anti-normanda cuxa base estivo na Illa de Ely. En 1069 ou 1070 o rei danés Sweyn Estrithson enviou un pequeno exército para tentar establecer un campamento nesa illa. Parece que Hereward uniuse a el. Hereward atacou e saqueou a Abadía de Peterborough acompañado por homes locais e daneses de Sweyn. Mentres a Gesta di que isto ocorreu após a batalla principal en Ely, a Crónica de Peterborough di que foi antes. O consenso histórico é que o relato da Crónica é máis preciso.Hindley, G. (2006) The Anglo-Saxons: the Beginnings of the English Nation London: Robinson, p. 343 Dise que a xustificación de Hereward foi que quería salvar os tesouros e reliquias da abadía da rapacidade dos normandos liderados polo novo abade normando que expulsara o seu tío Brand. Segundo a Gesta devolveu os tesouros saqueados da abadía despois de ter unha visión de San Pedro. Porén, a Crónica de Peterborough di que o tesouro foi levado a Dinamarca.David Roffe, "Hereward 'the Wake' and the Barony of Bourne: a Reassessment of a Fenland Legend", Lincolnshire History and Archaeology, 29 (1994), 7–10.