San Pedro de Domaio é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 2 047 habitantes (985 homes e 1 062 mulleres). Ten seis entidades de poboación.
Xeografía A parroquia está situada na ría de Vigo, ao leste do concello de Moaña, lindando co veciño municipio de Vilaboa a través da parroquia de Cobres.
Demografía
Patrimonio No Regueiriño achouse un importante asentamento correspondente ó neolítico final, e na Fontenla documentouse por primeira vez en Galicia a presenza de elementos da cultura do vaso campaniforme fóra de ambientes funerarios. Acháronse tamén na zona ferramentas e armas de cobre e bronce, e consérvanse petróglifos. Da época castrexa é o castro de Montealegre.
A igrexa parroquial de san Pedro é un templo de estilo barroco serodio. Foi construída no século XVIII, logo de que en 1702 a parroquia fose saqueada logo da batalla de Rande. O templo está situado na enseada de Mouro, preto do estreito de Rande. Ten planta rectangular dunha soa nave e presbiterio cadrado con cuberta a catro augas. A gran torre campanario está situada no centro da fachada occidental, e ten dous corpos superpostos: o primeiro, de planta cadrada, con arcos de medio punto abertos nas catro caras, flanqueados por pilastras acaroadas, e rodeado completamente por un monumental balcón balaustrado. O segundo corpo, máis pequeno, é un macizo cilíndrico coroado con cupuliña. Complementan a decoración piramidóns rematados en bóla nos extremos da fachada e no alto das catro esquinas da torre. No interior do templo hai dous retablos barrocos do século XVIII, un deles datado en 1786.
Outro templo relixioso é a ermida de san Bieito, situada no lugar do Calvar.
O Campo de Golf Ría de Vigo foi inaugurado en 1993.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Domaio
Parroquias de Moaña
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Moaña
Categoría:Parroquias de Moaña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro