Santa María de Gargamala é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 337 habitantes (180 mulleres e 157 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 530 habitantes. Patrimonio En Gargamala hai diversos petróglifos, recoñecidos como Ben de Interese Cultural, mais dous deles, os de Escornabois e Campo Redondo, foron danados en outubro de 2018 polo lume forestal. Hai dous poboados fortificados: O Castro Chouso e o Coto da Cidade ou Coto do Cerquido, así como un foxo de lobo e muíños.
A igrexa parroquial, situada no lugar do Barro, é barroca, construída en 1752. No testeiro da capela maior, de forma ameada, ten un escudo coas armas dos Condes de Salvaterra. No interior ten pinturas murais.
Na parroquia hai unha escultura en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, que na súa obra Longa noite de pedra incluíu o "Romance incompleto", que comeza cos versos "Fuco Pérez sin segundo, / veciño de Gargamala". A escultura, instalada en agosto de 2017, foi feita polo alumnado da Escola de Cantaría da Deputación de Pontevedra.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Gargamala
Parroquias de Mondariz
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mondariz
Categoría:Parroquias de Mondariz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María