Santa María de Queimadelos é unha entidade local menor e unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 93 habitantes (42 homes e 51 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto aos anos 2000, cando tiña 134 habitantes.

Historia Queimadelos pertenceu á xurisdición de Sobroso para pasar posteriormente a integrarse no concello de Mondariz. É unha das 9 entidades locais menores que existen en Galiza, constituída o 21 de febreiro de 1935 e xestiona os montes de Peralta, Lagoa e Portela.

Organización eclesiástica Eclesiasticamente, constitúe un anexo da parroquia de Lougares.

Lugares e parroquias Lugares de Queimadelos

Parroquias de Mondariz

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mondariz

Categoría:Parroquias de Mondariz Categoría:Entidades locais menores de Galicia Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María