San Mamede de Sabaxáns é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o IGE en 2013 tiña 344 habitantes (181 mulleres e 163 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 433 habitantes.
No lugar da Portela, desta parroquia de Sabaxáns, levántase o denominado Carballo do Campo, un carballo excepcional, incluído dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia desde 2011. A árbore ten unha altura de 35,80 m e un diámetro do fuste de 3,75 m (a 1,30 m de altura) .
Non resulta posible confirmar que as seguintes cantigas se refiren a este carballo.
Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: de íl, de unha.. O carballo da Portela/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada Fermín Bouza Brey 1929, 162.. O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañá de xiada Xaquín Lorenzo Fernández, 116.. O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un é meu e outro é teu,/ outro é de quen o queira Bouza Brey 1929, 162. Recollida en Vilagarcía, onde o Nomenclátor non recolle ningún lugar con ese nome.. O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha .
Lugares e parroquias Lugares de Sabaxáns
Parroquias de Mondariz
Notas
Véxase tamén Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II]. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
Outros artigos Lugares de Mondariz
Categoría:Parroquias de Mondariz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede