Rodrigo de Quiroga, nado en San Xoán de Abuíme, O SaviñaoRodrigo de Quiroga Biografías y Vidas . ou en 1512 e finado en Santiago de Chile o 25 de febreiro de 1580, foi un adiantado, conquistador galego na Coroa Española, Gobernador do Reino de Chile en dúas ocasións.
Traxectoria Foi fillo de Hernando de Camba Quiroga e de María López de Sober. No ano 1535 viaxou ao Perú onde participou na exploración do Gran Chaco na expedición de Diego de Rojas. Anos máis tarde chegou a Chile acompañando o grupo dirixido polo conquistador castelán Francisco de Aguirre, que se uniu en Atacama. Xunto con Francisco de Villagra e Pedro de Valdivia, puxeron en marcha a conquista de Chile.
En 1565, sendo gobernador, nomeou tenente xeneral ao vasco Martín Ruíz de Gamboa de Berriz, co que tiña vínculos familiares, pois estaba casado con súa filla Isabel de Quiroga. Gamboa realizou en 1567 a conquista do Arquipélago de Chiloé, que chamou de Nova Galicia en honra á terra do Gobernador e á semellanza ás paisaxes galegas, e tamén fundou a cidade de Castro, controlando os dóciles indios Cuncos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Rodrigo de Quiroga, gran militar y marido de Inés Suárez pueblosoriginarios.com
Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1512 Categoría:Finados en 1580 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Historia de Chile