Poble Lliure (PL) é unha organización independentista e socialista catalá. Forma parte de Esquerra Independentista dels Països Catalans, espazo dende o que defende unha estratexia de unidade popular coas restante organizacións que integrantes.Neix "Poble Lliure", la nova organització estratègica de l'esquerra independentista, nova en Llibertat.cat o 30 de novembro de 2014.

Historia e características Naceu en novembro de 2014, a partir da confluencia de militantes históricos de Esquerra Independentista das décadas de 1980 e 1990, de militantes do Moviment de Defensa de la Terra i de Maulets, dos sindicatos estudantís e de "xente vinculada a movementos de defensa do territorio, a habitación e os dereitos sociais"No podem renunciar a l'alliberament social i nacional dels Països Catalans, nova en Llibertat.cat o 7 de decembro de 2014.

Poble Lliure considera a Candidatura d'Unitat Popular (CUP) como a organización de masas da unidades popular nos Països Catalans e está vinculada aos sectores esquerdistas e independentistas que, no seu momento, se mostraron partidarios de concorrer ás eleccións ao Parlament de Catalunya de 2012 e ás do Parlamento Europeo de 2014Poble Lliure i Endavant: dues visions d’articular la unitat popular , nova en Directa.cat. o 3 de decembro de 2014.

Aposta tamén por inserirse en plataformas amplas do que denominan "Poble en lluita" (plataformas de loita polo territorio, contra as liñas de alta tensión eléctrica, antimilitaristas, de solidariedade internacionalista, a Plataforma pel Dret a Decidir del País Valencià ou a Assemblea Nacional Catalana (ANC), expresión organizada do soberanismo en Cataluña.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Independentismo catalán Categoría:Organizacións políticas de España