O rato de mar (Aphrodita aculeata) é unha especie de anélido poliqueto da familia Aphroditidae. Áchase no Atlántico norte, no Mediterráneo, no mar do Norte, Skagerrak, Bălţi e Oresund.
Descrición Pode acadar os 20 cm de lonxitude. O seu corpo ten forma oval, con 40 segmentos. A rexión ventral é de cor parda. Adoita mostrar sobre o corpo reflexos metálicos debido á descomposición da luz incidente sobre os numerosos filamentos enlazados que o recobre.
Comportamento Vive soterrado no fondo do mar por onde se despraza devagariño, deixando asomar a parte posterior do corpo para obter auga para respirar.
Alimentación A súa dieta componse principalmente de moluscos e vermes, que captura coa boca e engole enteiros, xa que carece de mandíbula endurecida.
Notas
Véxase tamén
Aphrodita aculeata en www.asturnatura.com Aphrodita aculeata en Marine Species Identification Portal (inglés)
Categoría:Anélidos Categoría:Animais descritos en 1761