miniatura|Pipa pipa (sapo de Suriname). Os pípidos (Pipidae) son unha familia de anfibios anuros primitivos que carecen de lingua. As 30 especies desta familia encóntranse na Suramérica tropical (o xénero Pipa) e na África subsahariana (outros catro xéneros).
Estes anfibios son exclusivamente acuáticos e teñen numerosas modificacións para adaptarse ao seu hábitat. Por exemplo, os pés teñen membranas interdixitais completas, o corpo é aplanado, e presentan sistema da liña lateral. Ademais, os pípidos posúen oídos moi modificados para recibir sons baixo a auga. Carecen de lingua ou de cordas vocais, mais teñen barras óseas na larinxe coas que poden emitir sons. En tamaño van desde os 4 aos 19 cm de lonxitude, segundo a especie.
O rexistro fósil dos pípidos é relativamente bo, xa que se coñecen 12 especies extintas. Seis delas están situadas no xénero que aínda existe hoxe Xenopus, e as restantes en xéneros extintos. Estes fósiles atopáronse en África, Suramérica, e en Oriente Próximo e datan desde o cretáceo inferior.
Xéneros
Familia Pipidae Hymenochirus Pseudhymenochirus Xenopus Silurana Pipa (sapo de Suriname)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Anuros