Shetland é unha serie policial da BBC de Escocia protagonizada por Douglas Henshall que representa o papel do detective Jimmy Perez. A historia desenvólvese no arquipélago escocés das Shetland, aínda que bastante da filmación se efectuou na parte escocesa de Gran Bretaña, con algunhas localizacións nas Shetland."There's been a murrrder: Shetland returns to BBC One" , Sarah Clark, Visit Scotland, 6 de marzo de 2014.
A primeira temporada da serie, piloto, foi de dous episodios baseados na novela da escritora británica Ann Cleeves Red Bones, foi emitida na BBC no 2013.
A segunda temporada, emitida en 2014, ten 6 episodios e consta de tres historias de dúas partes cada unha baseadas nas novelas de Ann Cleeves Raven Black, Dead Water e Blue Lightning.
En abril de 2015 comezou a gravación da terceira temporada da serie.
Emisión en Galicia A TVG comezou a emisión da serie o 11 de outubro de 2015.http://galego.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/10/11/tvg-estrena-noche-serie-britanica/1003086.html Consultado o 8 de xaneiro de 2016
Os dous primeiros episodios da primeira temporada tituláronse Ósos vermellos (1ª e 2ª parte).
Os episodios da segunda temporada en Galicia tituláronse Negro coma un corvo (1ª e 2ª parte), Auga morta (1ª e 2ª parte) e Lóstrego azul (1ª e 2ª parte).
Posteriormente a serie foi reemitida pola tvG2
Notas
Categoría:Series de televisión da BBC Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Series de televisión en lingua inglesa