A igrexa de San Nicolao é un templo relixioso de estilo barroco situado na Coruña. É unha das parroquias históricas da cidade da Coruña, con Santa María, Santiago e San Xurxo.
Descrición miniatura|esquerda|Interior da igrexa. O edificio ten planta de cruz latina e unha soa nave abovedada. A cada lado da nave hai seis capelas, a maioría funerarias. No interior destacan o presbiterio e as complexas decoracións barrocas. Dúas portas con balcóns permiten o acceso a outras áreas como a sancristía.
A fachada clasicista, de dous corpos, está rematada por dúas torres-campanario.PEPRI No adro existe un cruceiro.Ficha do cruceiro en Turgalicia.
Historia O templo anterior, do que só se conserva a capela do Cristo, cunha inscrición de 1632 foi destruído no asedio de 1589. A partir desa data e especialmente dende 1688 tivo que ser consolidado e reformado.
A heteroxeneidade e antigüidade do edificio existente fixo necesaria a reconstrución, contra 1740, dun novo templo de estilo barroco. A fachada orixinal, posiblemente de estilo híbrido, foi substituída en 1861 pola actual, proxectada por Faustino Domínguez Domínguez.
Na capela das Dores está enterrada a fundadora do Hospital da Caridade, Teresa Herrera.Igrexa de San Nicolás
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Arciprestado de Faro Ligazóns externas Ficha en Turgalicia Parroquia Web da Parroquia
Coruna San Nicolao Categoría:Igrexas barrocas de Galicia