Jesús Ricardo Iglesias, nado en Pergamino (Buenos Aires) o 22 de febreiro de 1922 e finado na mesma vila o 11 de xullo de 2005, foi un piloto de carreiras arxentino.
Traxectoria Inicialmente competiu con certo éxito nas carreiras de longa distancia na Arxentina cun Chevrolet Special,, antes de ser invitado a pilotar un Gordini Tipo 16 de fábrica no Gran Premio da Arxentina de 1955. Cualificouse décimo sétimo dos 22 competidores, pero tivo que abandonar na volta 38 debido a un fallo na transmisión, aínda que tamén parecía estar ao bordo do esgotamento polo intenso calor.
Despois Iglesias volveu ás carreiras de resistencia, nas que competiu unicamente en carreiras arxentinas. Tivo o seu mellor resultado na carreira das 500 millas de Rafaela en 1956, onde logrou o segundo lugar no seu coche Chevrolet Special.
Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Puntos Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARXRet MON 500 BEL NED GBR ITA NC 0
Notas
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Pilotos de Fórmula 1 da Arxentina Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Gordini