A dos mirmecofáxidos (Myrmecophagidae) é unha familia de mamíferos placentarios da orde dos pilosos. Comprende dous xéneros con tres especies de osos formigueiros,Oso formigueiro na Dicopedia do Século 21. o oso formigueiro xigante, Myrmecophaga tridactyla e as dúas tamanduás (do xéneroo Tamandua).Tamadúa no Diccionario normativo galego-castelán de Galaxia. A acentuación do Normativo de Galaxia é incorrecta; probabelmente é un castelanismo antigo; hoxe en castelán é a correcta tamanduá.
Características
Os osos formigueiros teñen un corpo robusto e alongado, máis ou menos comprimido polos costados e cuberto por unha densa pelaxe. A súa lonxitude, sen contar a cola, oscila entre os 60 cm dos tamanduás até os 120 cm do oso formigueiro xigante. Teñen as patas ben desenvolvidas, pés plantígrados con robustas garras falciformes,En forma de fouce. e unha cola longa, prénsil nos tamanduás, que son de vida arborícola. O fociño é moi longo, tubular e recurvado cara a abaixo, sobre todo no oso formigueiro xigante, cunha abertura bucal moi reducida e estreita. As orellas son pequenas e arredondadas.
Carecen de dentes. A cavidade bucal está ocupada por unha lingua vermiforme, que pode alcanzar 1 m de lonxitude, cun diámetro de 10 ou 15 mm. A lingua desempeña un papel esencial na alimentación dos osos formigueiros; está dotada dunha poderosa musculatura que se insire na apófise xifoide do esterno, á evaxinábel, pegañenta, estando adaptada para capturar formigas e térmites, que son a base do seu alimento. As glándulas salivares están moi desenvolvidas. Teñen un excelente olfacto, pero os sentidos da vista e do oído están pouco desenvolvidos.
Comportamento
Nos seus desprazamentos apoian principalmente o lado externo das mans, provistas de grandes almofadas, coas garras dirixidas cara a dentro. En actitude defensiva póñense en posición semierecta, coas patas anteriores levantadas dispostas para golpearen coas súas gadoupas, manténdose apoiados coas patas posteriores e a cola que, nas especies arborícolas (tamanduás), permanece aferrada a unha rama. Incluso un xaguar evita loitar cun oso formigueiro xigante, que é un adversario temíbel.
Son mirmecófagos;Comedores de formigas. as garras úsanas para desenterraren as formigas e romperen os termiteiros, e despois capturan unha gran cantidade de presas coas súas longas linguas pegañentas.
Hábitat e distribución Viven principalmente nas selvas densas tropicais, pero ás veces encóntranse nas sabanas, en xeral en parellas ou solitarios.VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 80-83.
Encóntranse en América Central e do Sur, desde o sur de Belize e Guatemala até o norte da Arxentina.
Taxonomía
Descrición
A familia dos mirmecofáxios describiuna en 1825 o naturalista inglés John Edward Gray, en Ann. Philos., n.s., 10: 343.Myrmecophagidae en MSW. miniatura|200px|Tamandua mexicana. miniatura|200px|Tamandua tetradactyla.
Etimoloxía O nome científico Myrmecophagidae está formado sobre a raíz do xénero tipo da familia, Myrmecophaga, coa desinencia -idae, propia dos nomes das familias de animais.
En canto ao nome deste xénero tipo, que foi descrito por Linneo en 1758, formouse co primeiro elemento do latín científico Myrmeco-, tirado do grego antigo μύρμηξ ηκος mýrmēx -ēkos, "formiga", e o segundo elemento -phaga, do grego φάγος phágos, "comellón". Literalmente: "os comedores de formigas".
Clasificación
Familia Myrmecophagidae Gray, 1825 Xénero Myrmecophaga Linnaeus, 1758 Myrmecophaga tridactyla Linnaeus, 1758 Xénero Tamandua Gray, 1825 Tamandua mexicana Saussure, 1860 Tamandua tetradactyla (Linnaeus), 1758
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Pilosos
Ligazóns externas Myrmecophagidae Gray, 1825 en Fossilworks. Myrmecophagidae na ADW. Con abundante información, imaxes e bibliografía . Myrmecophagidae na EOL.
Categoría:Placentarios