miniatura|250px|Tamandua mexicana. Tamandua é un xénero de mamíferos placentarios da orde dos pilosos, familia dos mirmecofáxidos, que comprende dúas especies de osos formigueiros centro e suramericanos,Oso formigueiro na Dicopedia do Século 21. tamén coñecidos vulgarmente como tamanduás,Tamandúa no Diccionario normativo galego-castelán de Galaxia. A acentuación do Normativo de Galaxia é incorrecta; probabelmente é un castelanismo antigo; hoxe en castelán é a correcta tamanduá. moi similares en aspecto e costumes, que se diferencian basicamente pola súa distribución xeográfica.
Características Os tamamduás miden até 1,20 m de lonxitude, dos que 60 cm corresponden á cola, que é cilíndrica, cónica, prénsil (adaptación á súa vida arborícola) e espida na súa parte inferior e no ápice. A súa pelaxe é curta, mesta e áspera, formada por pelos brillantes co aspecto de serdas, que sobresaen dunha sutil capa laúda; a súa cor é amarela dourada, cunha especie de chaleco negro no lombo, flancos e ombros.VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. pp. 81-83.Kowalski, Kazimierz (1981), p. 341.
O seu fociño é alongado (aínda que non tanto como o do oso formigueiro xigante) e convexo, adaptado especialmente para a súa alimentación. As orellas son arredondadas, proporcionalmente máis granes que as do oso formiguiro xigante. Outra diferenza con respecto a esta especie é que a cola carece de flocos de pelos longos, e está adornada tan só por unha mancha irregular negra.
Presentan 4 garras longas e poderosas nas patas dianteiras e 5, pequenas, nas traseiras.
Comportamento Son animais solitarios, arborícolas, de hábitos nocturnos, aínda que ás veces tamén cazan so solo. De movementos lentos, aliméntanse basicamente de formigas e térmites, pero tamén apañan outros insectos e as súas larvas, que localizan nos troncos e ramas das árbores, debaixo da codia.
Os tamanduás son animais apracíbeis pero, cando se ven atacados ou acurraladosa, érguense sobre as súas extremidades posteriores e atacan coas súas garras das anteriores, coas que poden causar feridas considerábeis. Cando non está activos descansan nun tronco oco ou na cueva dalgún outro animal.
Poden reproducirse en calquera época do ano. Despois dun período de xestación de 130 a 150 días, as femias paren unha soa cría, de cor xeralmente branca con partes negras. A nai adoita deixar á súa cría nun lugar seguro cando sae en busca de comida, até que esta se pode valer por si soa.
Hábitat e distribución A área de distribución dos tamanduás esténdese desde o sur de México até o Brasil e Bolivia. Prefiren os bosques densos de lianas e próximos á auga, aínda que tamén se poden encontrar en zonas de sabana.
Importancia
Os tamanduás, polos seus hábitos alimenticios, evitan a deterioración das árbores, porque comen os térmites que as destrúen, xa que estes son, nalgúns lugares, unha verdadeira praga. De feito, algúns indíxenas amazónicos teñen tamanduás nas súas vivendas para evitaren que os térmites acaben con elas.
Pero, lamentabelmente, son cazados extensivamente. Ademais, os tendóns da súa cola son utilizados para a fabricación de cordas, ao que hai que sumar a destrución dos bosques nos que habitan.
Taxonomía miniatura|250px|Tamandua tetradactyla en posición defensiva. Descrición O xénero Tamandua foi descrito en 1825 polo zoólogo estadouniense John Edward Gray, en Ann. Philos., n.s., 10: 343.
Sinónimos Ao longo do tempo, o xénero foi coñecido tamén polos sinónimos:Tamandua en MSW. Dryoryx Gloger, 1841 Tamanduas Cuvier, 1829 Uroleptes Wagler, 1830 Uropeltes Alston, 1880
Clasificación Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes dúas especies:
Xénero Tamandua Gray, 1825 Tamandua mexicana Saussure, 1860 - tamanduá mexicano ou setentrional Tamandua tetradactyla (Linnaeus, 1758) - tamanduá de catro dedos ou meridional
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, p. 341. McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 78–83.
Outros artigos Pilosos Mirmecofáxidos Oso formigueiro xigante
Ligazóns externas Tamandua na ADW.
Categoría:Placentarios