right|thumb|O Gran Duque Xurxo Aleksandrovich Romanov. Xurxo Aleksandrovich Romanov (en ruso:  Гео́ргий Алекса́ндрович Ромáнов), nado en Tsarskoe Selo, o 9 de maio de 1871 e finado en Abbas Tuman o 9 de agosto de 1899, alcumado o salgueiro chorón pola súa familia debido á súa personalidade triste, foi o terceiro fillo do Tsar Alexandre III e da Emperatriz María Feodorovna Romanova.

Traxectoria Primeiros anos Xurxo foi nomeado así en honor ao irmán da súa nai, o rei Xurxo I de Grecia.Lerche, Mandal, p.174 De neno, gozou dunha saúde e fortaleza maior que a do seu irmán Nicolao. Podería describirse como o típico Romanov, alto, de bo parecer e cheo de alegría. Sempre andou facendo travesuras, xa que a súa nai tiña debilidade por el e permitíallo.Hall, p.93 Como os seus irmáns, Xurxo recibiu unha educación espartana ao estilo inglés. Durmían en catres militares, levantábase ás seis da mañá e recibía un baño de auga fría, aínda que nalgunha ocasión podía utilizar a auga quente. As únicas trazas de ostentación que tiñan tanto Xurxo como Nicolao era unha icona rodeada de perlas e pedras preciosas.Hall, p.61 Xurxo aprendeu da súa nai a importancia da vida familiar e grazas ao feliz matrimonio dos seus pais, tanto Xurxo como o resto dos seus irmáns creceron nunha atmosfera de amor e seguridade que non se podía ver noutras casas reais. O 27 de maio de 1883, os pais de Xurxo foron coroados como Tsares de Rusia nunha cerimonia no Kremlin de Moscova. O Emperador e a Emperatriz recibiron unha homenaxe da Familia Imperial, incluídos os seus fillos, Nicolao e Xurxo. Esta foi a celebración máis importante ao longo da vida do Gran Duque.Hall, p.103 A Familia Imperial residiu a maior parte do tempo baixo a seguridade do palacio de Gatchina.

Educación, carreira e saúde Xurxo era considerado como o máis intelixente dos fillos da parella imperial.Hall, p.94 Xurxo e o seu irmán Nicolao compartían os mesmos titores, pero estudaban en estancias separadas. O seu titor de inglés, Charles Heath, tamén fora titor dos seus tíos, os Grandes Duques Sergei e Paulo. Ambos irmáns falaban inglés e francés con fluidez, así como un aceptable alemán e danés. Xurxo mostrou signos dunha prometedora carreira na Armada antes de caer enfermo de tuberculose en 1890.Lerche, Mandal, p.181

O Emperador Alexandre e a súa dona María decidiron enviar aos dous irmáns Xurxo e Nicolao a unha viaxe de nove meses no Xapón en 1890. Xurxo puido ir como un cadete da Armada e Nicolao para completar a súa educación vendo algo do mundo. A súa nai esperaba que o clima cálido e o ár do mar melloraría a saúde de Xurxo. Ambos abandonaron Gatchina o 4 de novembro de 1890. A Emperatriz, que nunca se separara dos seus fillos durante tanto tempo, botounos en falta terriblemente: Non podes imaxinar como de triste e duro é estar sen ti, o meu anxo, e como doe profundamente pensar nesta longa separación, escribiu nunha ocasión.Hall, p.144 Nicolao e Xurxo viaxaron en primeiro lugar nun buque de guerra ata Atenas onde uníuselles o seu curmán Xurxo de Grecia. Desde alí, viaxaron ata Exipto. Desde Bombai, na India, Nicolao telegrafou que seu irmán Xurxo tivera que permanecer no barco debido a un problema coa súa perna. A Emperatriz alarmouse: Non podes imaxinar a angustia que pasei nos últimos días.Hall, p.145 Xurxo, de feito, sufriu unha bronquite e foi enviado a Atenas onde puido ser examinado polos doutores.

Tsarévich dereita|150px|miniatura|O Gran Duque Xurxo Aleksandrovich. En novembro de 1894, Alexandre III de Rusia finou e Nicolao II ascendeu ao trono. Nese momento, Nicolao non tiña fillos, e de acordo coas leis de sucesión do Imperio ruso, o Gran Duque Xurxo pasou a ser o novo tsarévich.Barkovets, Tenikhina, p.97 A saúde de Xurxo forzouno a instalarse en Likani en Xeorxia. Foi imposible para el regresar a San Petersburgo para o funeral do seu pai, xa que os doutores prohibíronllo.Hall, p.165 Nicolao escribiulle: ...rezo constantemente por ti e pola túa pronta recuperación...Maylunas, Mironenko, p.108 Xurxo tamén perdeuse o bautizo das fillas de Nicolao, Olga e Tatiana. Pouco despois do nacemento da terceira filla de Nicolao, María, en xuño de 1899, Xurxo escribiulle ao seu irmán: estou terriblemente triste de non poder ver as túas fillas nin coñecelas; pero que podo facer? Non é o meu destino, e todo é a vontade de Deus. Maylunas, Mironenko, p.172

Xurxo desfrutaba das visitas da Emperatriz viúva. En 1895 Xurxo e a súa nai visitaron Dinamarca. Non viran aos seus familiares dinamarqueses durante anos. A saúde de Xurxo empeorou de repente.Maylunas, Mironenko, p.176 Como resultado prohibíuselle fumar e foi confinado na súa cama até que tivo as forzas suficientes para regresar a Likani.Maylunas, Mironenko, p.119

Morte Xurxo finou repentinamente o 9 de agosto de 1899, con 28 anos. Saíu só a dar unha volta en motocicleta e horas máis tarde, ao ver que non regresaba, o persoal mandou buscalo. Cando foi atopado xa era demasiado tarde. Unha campesiña descubriuno tirado a un lado da estrada, afogándose no seu sangue. Agarrouno nos seus brazo ata que morreu.Hall, p.186 A noticia chegou ao tsar por telegrama e tivo que darlle a triste nova á súa nai. A morte de Xurxo foi un duro golpe para a familia, que quedou completamente devastada pola traxedia.Hall, p.173

Devanceiros Devanceiros de Xurxo Aleksandrovich Romanov

Notas

Véxase tamén Bibliografía Barkovets, A.I.; V.M.Tenikhina (2006). Empress Maria Fiodorovna. San Petersburgo: Abris Publishers. ISBN 0-85683-177-8. Hall, Coryne (1999). Little Mother of Russia - A Biography of Empress Marie Feodorovna. Londres: Shepheard-Walwyn (Publishers) Ltd. ISBN 978-0-85683-229-1. Korneva, Galina; Tatiana Cheboksarova (2006). Empress Maria Feodorovna's Favourite Residences in Russia and Denmark. San Petersburgo: Liki Rossi. Lerche, Anna; Marcus Mandal (2003). A Royal Family : The Story Of Christian IX And His European Descendants. Egmont Lademann A/S Dinamarca. ISBN 87-15-10957-7. Maylunas, Andrei; Sergei Mironenko (1997). A Lifelong Passion : Nicholas and Alexandra - Their Own Story. Londres: Phoenix. ISBN 0-7538-0044-6. Romanova, Xenia Alexandrovna, Grand Duchess (1899). Diary of Grand Duchess Xenia Alexandrovna for 1899. Arquivo Estatal Ruso, Moscova.

Outros artigos

Alexandre III de Rusia María Feodorovna Romanova Nicolao II de Rusia

Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Dinastía Romanov Categoría:Nados en San Petersburgo