thumb|A duquesa laida, do pintor Quentin Massys, 1525–1530.

A fealdade é unha característica o máis ben unha percepción dun ser vivo ou inanimado, cuxa aparencia é visualmente desagradábel e resulta nunha avaliación desfavorábel.

Un ser feo ou laido é un ser non atraente, mais si repulsivo, ou até mesmo ofensivo, aos que comparten ou non dos mesmos valores culturais.Webster's New World College Dictionary, 3rd edition, 1995. O seu oposto é a beleza, beldade ou fermosura, e así como esta, a fealdade envolve un xuízo subxectivo a través dos "ollos de quen ve", podendo variar de padróns, e dependendo da cultura de cada un. Contodo, pode haber excepcións persoais: "quen ama o feo, bonito lle parece". Así, a percepción da fealdade pode adquirir un carácter moi variábel, como no conto de fadas O parrulo feo de Hans Christian Andersen.

As persoas desprovistas de agrado a quen ve, adoitan ser máis discriminadas, recibindo mesmo salarios dun 10% ou 15% menos ca os traballadores considerados guapos, e incluso son menos propensas a seren contratadas. Existe falta de recursos legais para combater a discriminación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Feísmo

Categoría:Estética Categoría:Conceptos filosóficos