Rodrigo Alfredo de Santiago Majó, nado en Barakaldo (Biscaia) o 23 de setembro de 1907 e finado na Coruña o 30 de setembro de 1985, foi un músico español.

Traxectoria Cursou estudos musicais no Conservatorio de Bilbao con Rafael Navarro (violín), Jesús Guridi (harmonía), José Sainz Basabe (composición) e Armand Marsik (orquestración e dirección). Aos dezaseis anos obtivo a praza de violinista na Orquestra Municipal de Bilbao.

Entre 1931 e 1936 foi director da banda de Mungia (Biscaia) e entre 1940 e 1947 da de Valencia de Don Juan (León). Entre 1947 e 1967 viviu na Coruña, dirixiu a Orquestra Municipal da Coruña e a Coral Polifónica El Eco. Durante estes anos desenvolveu o seu labor docente no Conservatorio coruñés de Música e Declamación como subdirector e catedrático de harmonía e composición.

Obra O seu labor creativo inclúe dúas zarzuelas, catro ballets, tres sinfonías e catro concertos. Compuxo tamén varias obras sínfonico-corais (entre elas un réquiem) e obras para banda, para diversos conxuntos instrumentais e para coro.

Amais deixou numerosos escritos musicais, tanto sobre música galega como sobre música vasca.

Véxase tamén Ligazóns externas ERESBIL-Archivo Vasco de la Música , Fondo de Rodrigo de Santiago Historias de Erandio: Rodrigo Alfredo de Santiago

Categoría:Compositores do País Vasco Categoría:Nados en Barakaldo Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Directores de orquestra de España