O azucre moreno é azucre de sacarosa parcialmente refinado, de cor variábel entre o amarelo e o pardo, pegañento ao tacto, cun contido mínimo de sacarosa do 85%.Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega Cando é procedente dos zumes depurados da cana de azucre chámaselle azucre moreno de cana.

A cor parda característica débese á presenza de melaza. É un azucre sen refinar ou parcialmente refinado formado por criatais de azucre con algún contido residual de melaza ou producido polo engadido de melaza ao azucre branco refinado.

O azucre moreno inclúe do 3,5 % (azucre moreno claro) ao 6,5 % (azucre moreno escuro) de melaza. O produto é naturalmente húmido por mord da natureza higroscópica da melaza, e pode ser procesado para obter variantes máis manexábeis nos procesos industriais. O engadido de tinturas e outros produtos químicos pode estar permitida nalgunhas xurisdicións ou procesos industriais.

O tamaño das partículas é variábel mais xeralmente menor ca das do azucre branco granulado. As variantes para uso industrial (como a repostaría) pode estar baseadas no azucre extrafino, que ten cristais de aproximadamente 0,35 mm.

Valores nutricionais O azucre moreno ten un contido calórico lixeiramente inferior por peso ca o azucre branco grazas á presenza de auga. Cen gramos de azucre moreno contén 373 quilocalorías, fronte ás 396 do azucre branco. Porén, o azucre moreno envásase con maior densidade ca o branco grazas ao menor tamaño dos seus cristais, polo que pode ter máis calorías se se miden por volume: unha cullerada de azucre moreno ten 48 quilocalorías fronte ás 45 do azucre branco.

Azucre moreno natural O azucre moreno natural ou simplemente azucre natural é un azucre moreno producido na primeira cristalización do azucre de cana. Contén máis melaza ca o azucre moreno, o que lle outorga un maior contido en minerais. Segundo o seu aspecto ou procedencia, pode recibir denominacións alternativas, como azucre de Demerara, azucre mascabado ou azucre turbinado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre as técnicas de refinado do azucre (inglés) Azucres morenos en British Sugar (inglés)

Categoría:Azucre