White Light (Luz Branca) é o sexto álbum de estudio da banda irlandesa The Corrs. Supuxo o regreso da banda dez anos despois do álbum de estudio Home, e despois de ter levado a cabo sendos proxectos en solitario Andrea e Sharon.

Foi editado o 27 de novembro de 2015. O primeiro sinxelo é Bring On The Night. En xaneiro de 2016 deu comezo a xira "White Light Tour" polo Reino Unido e Irlanda, que continuará en maio de 2016 por Alemaña, Austria, Suíza e de novo as Illas Británicas.

Cancións I do what I like (Fago o que gusto) Bring on the night (Desata (fai saír) a noite) White Light (Luz branca) Kiss of life (Bico da vida) Unconditional (Incondicional) Strange Romance (Estraño romance) Ellis Island (Illa Ellis) Gerry's Reel (Reel de Gerry) Stay (Queda) Catch me when I fall (Cólleme cando caia) Harmony (Harmonía) With me stay (Comigo queda)

O título do álbum extráese dunha das súas cancións, "White Light", inspirada polo Club dos 27 (grupo de músicos populares que finaron á idade de 27 anos) e máis concretamente por Amy Winehouse. O tema "Gerry's Reel" é unha cantiga instrumental que fai referencia a Gerry Corr, pai dos irmáns Corr, falecido en 2015. Por outra banda, Ellis Island fai referencia á Illa Ellis, preto da costa neoiorquina. Kiss Of Life foi co-escrita con Natasha Bedingfield e Unconditional con John Shanks.

Sinxelos Bring On The Night é o primeiro sinxelo de "White Light" e foi editado o 30 de outubro de 2015. O seu videoclip publicouse o 1º de decembro. I do what I like é o segundo sinxelo de "White Light" e foi editado o 17 de febreiro de 2015.

Lista de vendas + Posicións obtidas por White Light País Lista MellorposiciónAméricaCanadian AlbumsBillboard 200Chart Brasil AsiaJapan AlbumsTaiwanese Albums ChartEuropaGerman Albums ChartAustrian Albums Chart <small>(Flandres)Ultratop 200 Albums 32 <small>(Valonia)Ultratop 200 Albums 18PROMUSICAEFrench Albums ChartIrish Albums Chart 10Italian Albums Chart 74MegaCharts 17Portuguese Albums ChartUK Albums Chart 11Swiss Albums ChartOceaníaAustralian Albums ChartNew Zealand Albums ChartiTunesMundoiTunes Global 9iTunes UK 10iTunes Spain 9iTunes Japan 43iTunes Brasil 3

Notas

Categoría:Álbums musicais de 2015 Categoría:Álbums de The Corrs