San Pedro de Angoares é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponteareas na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 486 habitantes (262 mulleres e 224 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un lixeiro aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.
Demografía Fonte: IGE 20182017201620152014HOMES 214214221243223MULLERES245247235224255TOTAL459461456467478
Patrimonio histórico artístico A igrexa de San Pedro de Angoares é do século XII. A súa orixe hai que buscala nun mosteiro visigodo situado sobre unha vila romana, séculos máis tarde construiríase a igrexa románica. Ten planta de cruz latina e testeiro recto, destacando os seus capiteis e a magna colección de canzorros antropomorfos e zoomorfos. Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a súa cabeza, como se estivesen meditando. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita no ano 1900.
Pola parroquia de Angoares pasa o río Tea e o seu afluente o río Uma. Neste último, no lugar de Cabalón, existe unha ponte medieval xunto á cal mana un manancial que, segundo din, é similar á auga que agroma na vila de Mondariz. Pódese pasear pola súa ribeira apreciando e admirando a vexetación e fauna típica de bosque de ribeira.
Lugares e parroquias Lugares de Angoares
Parroquias de Ponteareas
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Ponteareas
Categoría:Parroquias de Ponteareas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro