San Salvador de Padróns é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o IGE, en 2022 tiña 596 habitantes (294 homes e 302 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 716 habitantes.

Patrimonio Na igrexa de San Salvador de Padróns consérvanse algunhas seteiras dunha edificación antiga nos muros sur e norte da ábsida e abrigo a fachada occidental cunha monumental portada do século XIII. A porta, das máis monumentais de gardapós axadrezado tres amplas arquivoltas apuntadas, as dúas exteriores de finas mediacanas e a inferior de dúas filas de floróns. O tímpano é liso e o lintel en que se apoia é soportado por mochetas con esculturas de anxos. Ten tres pares de columnas de fuste esvelto e monolítico con capiteis de finas follas rematadas en volutas.

Lugares e parroquias Lugares de Padróns

Parroquias de Ponteareas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponteareas

Categoría:Parroquias de Ponteareas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador