San Miguel de Lamela é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2010 tiña 280 habitantes (150 mulleres e 130 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 330 habitantes.

Toponimia O orónimo Lamela é un topónimo que provén do latín , e indica un lugar con lama ou lodo.

Patrimonio Hai que destacar a igrexa de San Miguel, a capela de San Marcos e maila fonte da Peroxa. Ademais, nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Lamela.

Nesta parroquia naceu a actriz Maisa Ouzande.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Lamela

Parroquias de Silleda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Lamela na web municipal de turismo

Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía