Os pelagornítidos (Pelagornithidae) son unha familia extinta de grandes aves mariñas coñecidas polos seus fósiles. Tamén se lles chama pseudoodontornes, aves de dentes óseos, aves de dentes falsos ou aves pseudodentadas. Os seus restos fósiles atopáronse en moitas partes do mundo en estratos rochosos que datan de finais do Paleoceno ata o límite entre o Plioceno e o Plistoceno.Bourdon (2005), Mayr (2008), Boessenecker and Smith (2011) Hai outras aves fósiles primitivas con dentes verdadeiros, que non teñen que ver con estas.

Moitos dos seus nomes comúns fan referencia á característica máis notable destas aves: tiñan puntas saíntes con forma de dentes nas beiras do peteiro, que, a diferenza dos verdadeiros dentes contiñan condutos de Volkmann (típicos dos ósos) e formábanse como crecementos que saían dos ósos premaxilares e mandibulares. Eran aves de considerable tamaño, xa que mesmo as especies máis pequenas eran do tamaño de albatros; as maiores eran verdadeiramente xigantescas, e chegaban a envergaduras estimadas entre 5 e 6 metros que as colocan entre as maiores aves voadoras que teñan existido. Estas aves mariñas foron dominantes en moitos océanos durante a maior parte do Cenozoico, e os humanos modernos aparentemente non chegaron a encontrarse con estas só por un breve espazo de tempo evolutivo: os últimos pelagornítidos coñecidos foron contemporáneos de Homo habilis e da época do comezo da historia da tecnoloxía.Hopson (1964), Olson (1985: pp.199-201), Bourdon (2005), Geraads (2006), Mayr (2009: pp.55,59), Mlíkovský (2009)

Descrición e ecoloxía

miniatura|esquerda|Cranio de Pelagornis mauretanicus. Coa excepción do teratornítido Argentavis magnificens, as aves pseudodentadas maiores foron as máis grandes aves voadoras coñecidas. Case todas"Pseudodontornis" stirtoni é a única notable excepción: Scarlett (1972) contra Mayr (2009: p.59) as especies coñecidas do Neoxeno son inmensas, pero no Paleoxeno houbo algúns pelagornítidos que tiñan un tamaño similar ao do albatros Diomedea exulans ou mesmo algo máis pequenas. Unha especie sen describir, provisionalmente chamada "Odontoptila inexpectata"Publicada nunha tese e, por tanto, un nomen nudum. Ademais, o nome Odontoptila xa foi utilizado para un xénero de avelaíñas: ICZN (1999), uBio (2005) (do límite Paleoceno-Eoceno de Marrocos) é a menor ave pseudodentada descuberta ata agora e era só un pouco maior que a pardela Procellaria aequinoctialis.Scarlett (1972), Olson (1985: pp.199-200), Bourdon (2005, 2006), Mayr (2008, 2009: pp.57,59), Mayr et al. (2008)

Os Pelagornithidae tiñan ósos con paredes extremadamente delgadas e moi pneumatizados con extensións dos sacos aéreos dos pulmóns. Moitos ósos fósiles das extremidades están esmagados por esta fraxilidade. En vida, os delgados ósos e a ampla pneumatización permitíalles alcanzar un gran tamaño á vez que conservaban unha carga alar crítica. Aínda que se considera que a máxima carga alar que se pode ter para que unha ave poida realizar un voo propulsado é de 25 kg/m2, hai probas de que estas aves usaban o planeo dinámico de forma case exclusiva: o extremo proximal do úmero tiña unha forma de diagonal alongada que dificilmente podía permitir o movemento necesario para o típico voo batendo as ás das aves; o seu peso, por tanto, non é doado de estimar. As posicións de suxeición dos músculos responsables de sosteren o brazo estendido de forma recta estaban especialmente ben desenvolvidos, e en conxunto toda a anatomía parece permitir a capacidade de soster as ás de maneira ríxida na articulación glenoide dunha maneira sen paralelo en ningunha outra ave coñecida. Isto é especialmente salientable nos pelagornítidos do Neoxeno, e está menos desenvolvido nas formas máis antigas do Paleoxeno. O esterno tiña unha forma alta e curta típica dos planadores dinámicos, e seguramente nunhas extensións óseas na marxe anterior da quilla do esterno ancorábase a fúrcula.Meunier (1951), Hopson (1964), Olson (1985: p.200) Mayr (2008, 2009: p.58) miniatura|esquerda|Cranio de Odontopteryx toliapica (as áreas en branco están restauradas). A diferenza doutras aves pseudodentadas, os "dentes" neste xénero estaban inclinados cara a adiante.

As patas eran proporcionalmente curtas, os pés probablemente tiñan unha membrana e o hálux era vestixial ou enteiramente ausente; os tarsometatarsos (ósos do nocello) parecíanse aos dos albatros aínda que a disposición dos pés era similar á dos fulmares. Era típico das aves pseudodentadas ter un segundo dedo que se suxeitaba a certa distancia en dirección ao xeonllo e estaba estendido describindo un ángulo cara a fóra con respecto aos demais. Os "dentes" estaban probablemente cubertos pola ranfoteca en vida, e había dos sucos que corrían ao longo do envés do peteiro superior xusto dentro das beiras nas que estaban os "dentes". Xa que logo, cando o peteiro se cerraba só eran visibles os "dentes" superiores, mentres que os inferiores se agochaban detrás destes. Dentro das cuncas oculares de polo menos algunhas aves pseudodentadas (quizais só nas especies máis recentes) había glándulas salinas ben desenvolvidas.Woodward (1909): pp.86-87, Hopson (1964), Olson (1985: p.142), Bourdon (2005), Mayr (2009: p.58), Mayr et al. (2008)

A maior parte do corpo dos pelagornítidos non se coñece pola inexistencia dun esqueleto ben conservado asociado, e gran parte do mellor material que se conservou consiste nun único óso; por outra parte a súa ampla presenza no rexistro fósil e o seu gran tamaño fan que se dispoña dalgúns restos de aves individuais bastante completos (aínda que maioritariamente esmagados e distorsionados) que foron sepultadas no momento de morrer, mesmo con algunhas plumas fosilizadas. Atópanse con certa frecuencia grandes seccións do cranio e algunhas partes do peteiro. En 2009, deuse a coñecer en Lima un cranio fosilizado case completo dun presunto Odontopteryx do límite Chasiquense-Huayqueriense de hai 9 millóns de anos, que se atopara meses antes no distrito de Ocucaje da provincia de Ica (Perú). Segundo o paleontólogo Mario Urbina, que descubriu o espécime, e os seus colegas Rodolfo Salas, Ken Campbell e Daniel T. Ksepka, este é un dos cranios de pelagornítidos mellor preservado atopado.Olson (1985: pp.194-195), Mayr (2008), GG

Ecoloxía e extinción miniatura|Esqueleto do réptil Pteranodon no Museum of Ancient Life (que non ten nada que ver cos pelagornítidos). Este enorme (e desdentado) pterosauro do Cretáceo Superior era moi similar en tamaño e proporcións á ave Pelagornis e seguramente tiña hábitos alimenticios parecidos.

A diferenza dos dentes verdadeiros de aves mesozoicaa como Archaeopteryx ou Aberratiodontus, os pseudodentes dos Pelagornithidae non parece que foran aserrados ou tiveran algunha clase de beira cortante especializada, polo que eran útiles para soster presas escorregadizas para tragalas enteiras en vez de para cortar cachos destas. Dado que os dentes eran ocos ou estaban cheos de óso esponxoso e desgastábanse ou rompían con facilidade nos fósiles, conxectúrase que non eran especialmente resistentes en vida. As presas dos pelagornítidos deberon ser presas de corpos moles, e serían principalmente cefalópodosAs sepias (Sepiida) e luras (Teuthida) diversificáronse ao longo do Paleoxeno, e os Argonautoida (os actuais polbos peláxicos), que se orixinaron nesta época ou algo antes. Os polbos máis basais como Keuppia, Palaeoctopus e Styletoctopus do Cretáceo Superior eran tamén polo menos parcialmente peláxicos. Como os primeiros pelagornítidos talvez apareceron a finais do Cretáceo, os daquela diversos Vampyromorphida (dos cales só subsiste hoxe a lura vampiro Vampyroteuthis infernalis) eran tamén presas potenciais das primeiras aves pseudodentadas; aínda que os maiores pelagornítidos só se atopan no Neoxeno, quizais os xuvenís da lura vampiro xigante Tusoteuthis longa eran devorados polas primeiras destas aves: PD e peixes de pel mol.As anguías verdadeiras (Anguillidae) e os congros (Congridae) coñécense desde o Eoceno e puideron orixinarse a principios do Paleoxeno ou un pouco antes. Os peixes Plotosidae, Ophidiiformes, os Blennioidei e quizais os Zoarcidae crese que son de idade similar dada a súa orixe a finais do Cretáceo ou a das liñaxes relacionadas. Se as aves pseudodentadas teñen unha orixe cretácea, como é probable, entre as súas presas iniciais puideron estar os Enchodontoidei, os cales se extinguiron na Extinción masiva do Cretáceo-Terciario: PD As súas presas puideron acadar un tamaño considerable. Aínda que algunhas reconstrucións mostran os pelagornítidos como aves mergulladoras do estilo dos mascatos, as delgadas paredes dos ósos altamente pneumatizados debíanse fracturar facilmente xulgando polo estado de moitos dos fósiles, o cal o fai un método de alimentación improbable, se non totalmente perigoso. En vez disto, as presas puideron ser capturadas desde o aire mentres as aves sobrevoaban a superficie do océano ou nadaban, e estas seguramente mergullaban só o peteiro na maioría dos casos. A súa articulación do óso cadrado coa mandíbula inferior parecíase á dos pelicanos ou outras aves que poden abrir o seu pico amplamente. As aves pseudodentadas puideron encher un nicho ecolóxico case idéntico ao dos maiores pterosauros piscívoros, cuxa extinción ao final do Cretáceo puido despexar o camiño para o posterior exitoso dominio dos Pelagornithidae, que duraría 50 millóns de anos. Como os actuais albatros (pero quizais de forma diferente aos pterosauros nos distintos climas e placas tectónicas do Mesozoico), as aves pseudodentadas puideron usar o sistema de correntes oceánicas e a circulación atmosférica para tomar varias vías planando de ida e volta sobre os océanos abertos, regresando a aparearse só cada poucos anos. A diferenza dos albatros, os cales evitan as correntes ecuatoriais tropicais coas súas calmas ecuatoriais, os Pelagornithidae atopáronse en zonas onde se daban todo tipo de climas, e os rexistros de hai 40 Ma esténdense desde Bélxica ata a Antártida pasando por Togo. É notable que os pingüíns e os plotoptéridos (ambos os grupos de aves mergulladoras que se alimentaban sobre a plataforma continental) atópanse case invariablemente na compaña das aves pseudodentadas. Por tanto, estas parece que se reunían en rexións con surxencias, presumiblemente para alimentarse para quizais reproducirse nas proximidades.Hopson (1964), Olson (1985: pp.200-201), Ono (1989), del Hoyo et al. (1992: pp.198,204), Warheit (1992, 2001), Rincón R. & Stucchi (2003), Sluijs et al. (2006), Chávez et al. (2007), Mayr (2008, 2009: pp.56-58,217-218)

miniatura|esquerda|Esqueleto de Pelagornis chilensis visto desde abaixo.