Ramón Souto González, nado na Pobra do Caramiñal en 1900 e finado en Ferrol o 16 de agosto de 1936, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria Carpinteiro de profesión, traballou nunha fábrica de baldosas en Perlío. Formou parte da sociedade agrarista La Necesaria e foi militante do PSOE. Na República foi concelleiro de Fene e candidato do PSOE pola Coruña nas eleccións xerais de 1933, pero non foi elixido. Logo da dimisión do alcalde José Pita Cortés en xuño de 1936 por razóns de idade e saúde, foi elixido alcalde de Fene. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto na Casa do Concello e asasinado no espigón do Arsenal de Ferrol, xunto con outros 15, por aplicación da Lei de fugas.
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Políticos do PSOE
Categoría:Alcaldes de Fene Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Carpinteiros
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos