Antón López Rivas, nado na Meda (Castroverde) en 1956, é un mago e ilusionista galego, coñecido profesionalmente como o Mago Antón. Está especializado en números de escapismo e maxia creativa.

Traxectoria Pasou a súa infancia e adolescencia en Lugo, onde se iniciou na maxia. Comezou a estudar Psicoloxía en Santiago de Compostela, abandonando en 1977 para dedicarse profesionalmente á maxia e á ventriloquia. Uns anos máis tarde entrou en contacto coa escola máxica de Madrid e realizou numerosas actuacións en diferentes cidades españolas e europeas. Nos anos 80 produciu grandes espectáculos, destacando Merlín e Familia, e creou a empresa Produccións Máxicas.

O 2 de decembro de 1990 estivo a piques de morrer afogado durante a gravación dun programa da Televisión de Galicia. O truco consistía en somerxerse nunha cubeta de auga esposado a unha pedra, emulando a Harry Houdini. Unha vez dentro, o mago debía atopar a chave que abre as esposas, liberarse e saír do estanque antes de que fose demasiado tarde. Nesta ocasión foi rescatado in extremis polos seus axudantes, semiinconsciente despois de case catro minutos.

Espectáculos principais Os espectáculos principais do Mago Antón foron: 1980-1990 Merlín e Familia, presentado en xira por toda Galicia. 1993 Vía Láctea, representado durante meses en Santiago, principais cidades galegas, Pamplona e Madrid. 1995-1999 Magomóbil, recorre Galicia con cinco espectáculos de maxia, entre eles Insólito por ANTONomaxia e O romance do conde de Cagliostro. 2001 Ilusións, un percorrido pola historia da maxia e a humanidade. 2004 10 Magos no País das Marabillas e Festivais de Maxia no Camiño.

Premios 1989 foi nomeado "Lucense del año" pola Asociación de Prensa, Radio e TV de Lugo. 2003 foi galardoado co premio “Gallego Egregio” pola Fundación Premios de la Crítica de Galicia.

Notas

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Personalidades da maxia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes