300px|miniatura|dereita|Os opositores á Unión Europea adoitan empregar lemas e carteis contra os símbolos europeos. O euroescepticismo é unha corrente política e social baseada no rexeitamento, en maior ou menor grao, da Unión Europea e o seu proxecto de desenvolvemento, por parte de cidadáns pertencentes a estados europeos. O termo xurdiu, probabelmente, en 1992 da man de Ronald Tiersky, un analista político e mestre de Ciencias Políticas. Tiersky referiuse con este termo no xornal The Economist ás peroas que defente só a mínima integración na Unión Europea necesaria para garantir a paz e a prosperidade, pero sempre preservando o maior grao posíbel de soberanía nacional de cada un dos estados membros.

O termo contrario podería considerarse europeísmo ou euroentusiasmo.

Características Os motivos polos que diversos movementos políticos ou sociais posiciónanse en contra da estrutura política da Unión Europea adoitan estar supeditados á perda de soberanía estatal de cada nación en virtude da soberanía europea. A cesión de competencias ao goberno da Union é visto polos euroescépticos coma unha perda da autodeterminación.

Pode ser que o movemento antieuropeísta comezase en Gran Bretaña, cuxa sociedade rexeitaría a cesión de poder fronte ao eixo alemán. Estes e outros motivos puideron ser algunhas das causas do rexeitamento da Constitución Europea en moitos países, coma Francia ou Países Baixos no 2008, ou o "Non" irlandés ao Tratado de Lisboa de 2008.

A defensa dos intereses económicos nacionais por riba dos comunitarios, o rexeitamento de posturas imperialistas, a pertenza á OTAN, ou a política económica da Unión, cualificada por varios sectores coma neoliberal, puideron ser algunhas das causas dos movementos euroescépticos.

O euroescepticismo é considerado por diversos sectores, porén, unha ameaza á integración das sociedades europeas e, por extensión, ao proxecto da Unión Europea.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Florian Hartleb (2011). A thorn in the side of European elites: The new Euroscepticism, Centre for European Studies. Bruxelas.

Outros artigos

Europa das dúas velocidades Saída do Reino Unido da Unión Europea Saída de Grecia da Unión Europea Cuarto Reich Referendo sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea

Ligazóns externas Artigo en Eldiario.es sobre o euroescepticismo.

Categoría:Unión Europea